O seus antecedentes atópanse no "Fuero Real" e as "Partidas", do século XIII, pero os seus verdadeiros promotores foron os RR.CC. ó regulamentar a súa organización na "Pragmática de Alcalá" do 7 de xuño de 1503. Non se produciu ningún cambio lexislativo importante ata o 28 de maio de 1862 coa aprobación da Lei Orgánica do Notariado. O Decreto do 12 de novembro de 1931 crea os Arquivos Históricos de Protocolos nas capitais onde existe Colexio Notarial e os Arquivos Históricos Provinciais nas capitais de provincia onde non existe colexio para recoller os protocolos de máis de cen anos.
O Arquivo recolle por primeira vez os protocolos do distrito de A Estrada en 1944 e non volven recollerse, de novo, ata 1962. A partir de 1996 chegan periodicamente os protocolos de máis de 100 anos.
Forma jurídica del ingreso: Transferencia
Os protocolos notariais conteñen escrituras de compras, ventas, testamentos, de poder, inventarios de bens, recoñecementos de fillo natural, arrendos, hipotecas, etc.
Conservación permanente.
O Decreto do 12 de novembro de 1931 establece que deben ingresar anualmente nos Arquivos Históricos Provinciais os protocolos que cumpran 100 anos, aínda que as transferencias efectúanse en función da dispoñibilidade de espazo do Arquivo.
DISTRITO DE A ESTRADA A Estrada 1817-1914 - Tabeirós, xurisdición de 1667-1907 - Vea, xurisdición de 1664-1834 Forcarei (1) 1852-1867 - Carboeiro, xurisdición de 1664-1867 - Soutelo (1) 1759-1905 - Cerdedo (1) 1650-1914 - Montes, xurisdición de 1563-1857 (1) Xurisdición de Montes
Libre, agás que se atopen en mal estado de conservación. Se teñen punto vermello o acceso é restrinxido.
Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación.
Material en el que se registra la información: Papel
Índices alfabético de notarios, cronolóxico e xeográfico.
No existen copias
Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.