Pola Real pragmática do 31 de xaneiro de 1768 establécese a creación dos rexistros u oficios de hipotecas naquelas localidades que fosen cabeza de partido, a cargo dos escribáns do Concello. Os rexistros levaríanse en libros foliados e rubricados polo xuíz do partido e neles tomaríase razón dos títulos de traslado de dominio dos bens inmobles, os contratos de arrendamentos, censos, hipotecas etc. O Real decreto do 15 de xuño de 1845 modifica a organización e o réxime de cobranza, xurdindo así os libros de traslación de dominio. A Lei hipotecaria do 8 de febreiro 1861 substitúe as contadurías de hipotecas polos rexistros da propiedade. Co Real decreto do 21 de xaneiro de 1862 establécese un período intermedio entre a toma de posesión dos rexistradores e o cese dos contadores, período no que os rexistros continuarán levando os libros da contaduría de hipotecas.
Pola Orde do 14 de decembro de 1957 do Ministerio de Xustiza autorízase ós rexistradores da Propiedade a entregaren os libros das contadurías de hipotecas ós arquivos históricos provinciais, ingresando ó longo de 1959.
Forma jurídica del ingreso: Transferencia
Os oficios ou contadurías levaron unha serie de libros rexistro para inscribir os actos suxeitos a toma de razón ó dereito de hipotecas: - Libro de toma de razón de censos, hipotecas e gravames (1768-1845) onde se asentaba a escritura presentada, a súa data, o escribán que a autorizou, o nome do lugar onde se atopaba predio, clase de contrato ou obrigación, lindeiros, etc. - Libro de traslación de dominio (1845-1862) onde se anotaban as traslacións de dominio, herdanzas, legados, imposicións e redencións de censos, de pensións alimenticias, obrigacións hipotecarias, fianzas con hipotecas e outras responsabilidades. Anotábanse en rexistros separados para cada lugar do partido. - Libros índices (1768-1862) que se utilizaban como auxiliares para a localización dun asento determinado. Podían ser de varios tipos: cronolóxico; alfabético de predios; alfabético de propietarios. - Rexistro de obrigacións hipotecarias (1845-1862) no que se anotaban as obrigacións hipotecarias, fianzas con hipotecas, obrigacións por préstamo,... Se se cancelaba facíase constar nunha nota a marxe ou tras o asento. - Libro de arrendamentos de terreos urbanos e rústicas. - Diario de ingresos onde se anotaban os ingresos polos dereitos de inscrición ou pola recadación do dereito de hipotecas. - Rexistro de hipotecas. Realízanse a partir de 1862 e pertencen ó Rexistro da Propiedade (Lei do 8 de febreiro de 1861, artigo 226).
Todos os libros teñen valor histórico e as lagoas existentes proceden dos mesmos rexistros, na maioría dos casos debido ó seu mal estado de conservación.
É un fondo pechado por tratarse dun organismo suprimido.
Está organizado por partidos e cada un constitúe un fondo como o da Cañiza.
Libre, agás que os documentos se atopen en mal estado de conservación.
Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxeto de consulta segundo a normativa de acceso.
Inventario
No existen copias
Os libros de rexistro de hipotecas (1863-1871) pertencen ó Rexistro da Propiedade. O artigo 226 da Lei do 8 de febreiro de 1861 establece "o rexistro dividirase en dúas seccións: unha que se titulará da Propiedade e outra das Hipotecas. Cada sección levarase en libros diferentes...". Este desaparece coa Lei do 31 de decembro de 1869 ó non ser recoñecida máis que unha clase de libro para o rexistro. Empezou a rexer o 1 de xaneiro de 1871
Descrición realizada polo equipo técnico do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.