Vicente García-Lastra Rivera (1912-1997) foi un reputado arquitecto que exerceu a súa profesión en Ferrol dende o ano 1944, cando ocupou o cargo de Arquitecto de Obras Civiles da E.N. Bazán. Tamén realizou importantes traballos para a Armada Española e o Obispado de Mondoñedo, así como numerosos proxectos de obras para particulares, tanto en Ferrol como en localidades cercanas.
Fondo xerado como resultado da súa actividade profesional e conservado polos seus herdeiros ata a súa donación ó Arquivo Municipal de Ferrol.
Descripción de la forma de ingreso: Doazón de Antonio García-Lastra Núñez, en representación da familia, no ano 2018
Forma jurídica del ingreso: Doazón
O fondo compónse principalmente dos proxectos das obras encargadas a Vicente García-Lastra, pero inclúe tamén algún anteproxecto e documentación administrativa ou de trámite xerada a partir dos mesmos. Acompañan, ás veces, fotografías dos edificios. Consérvanse poucos expedientes dos primeiros anos da súa actividade profesional, polo que o fondo está principalmente constituído por documentación producida a partir do ano 1958.
Conservación permanente
Non se preeven
1. Fondo Garcia-Lastra 1.1. Actividade profesional: Arquitecto 1.1.1. Proxectos de obras
Acceso libre
Descripción estado de conservación: A documentación na meirande parte é de tamaño folio e os planos que conteñen están pregados e reducidos a ese tamaño. O soporte sempre é papel, pero de diferentes calidades e naturezas. A existencia de tamaños tan grandes, así como a natureza dos soportes, teñen provocado que unha moi pequena parte da documentación esté en mal estado de conservación, con dobras e roturas.
Catálogo
Copias dos proxectos nos expedientes de licenza de obras particulares conservados nos arquivos dos concellos onde se tramitaron as devandtas licenzas e no arquivo dos Colexios de Arquitectos onde foron visados.
Documentación organizada, instalada e descrita por Azucena Vizcaíno Fernández no ano 2019 e no 2020 por Teresa Casas Díaz.