Xosé Mosquera Pérez (1895-1965), foi un profesor galeguista. Dirixiu o grupo de teatro Cativezas (1923-1925). Popularizou o personaxe "O vello dos contos" na emisora santiaguesa Unión Radio Galicia (1932-1936), co que fixo campaña a favor do Estatuto de Galicia de 1936. Militante do Partido Galeguista, en febreiro de 1936 abandona o Partido con Manuel Beiras para unirse á Dereita Galeguista. Na posguerra foi redactor da Noche. En 1946 saíu á venda a Casa da Matanza por 100.000 pesetas. Tiña a intención de adquirir a casa para convertela nun símbolo de galeguidade e fundar un Padroado composto por galegos ilustres que conservasen a casa e a memoria de Rosalía. Coñeceu a noticia por medio de Xesús Ree-Alvite e, xunto con Manuel Beiras e Camilo Agrasar foron a Padrón para negociar coa dona, ao darse conta de que non tiñan suficiente, Mosquera decidiu pedirlle axuda económica ao seu amigo José Villar Granjel. O 15 de novembro de 1947 Mosquera convocou en Santiago un grupo de antigos galeguistas (Ramón Otero Pedraeo, Manuel Gómez Román, Luís Iglesias Iglesias, Fermín Bouza-Bree, Paulino Pedret Casado, Felipe Cordero Carrete, Aquilino Iglesia Alvariño, Manuel Beiras García, Xaime Illa Couto, Antonio Fraguas Fraguas e Xesús Ferro Couselo) e constituíron o Padroado Rosalía de Castro co propósito de facerse cargo do inmoble e de transformar a casa nun verdadeiro museo rosaliano, con biblioteca especializada, aberto ao público. Dúas semanas despois faleceu José Villar Granjel e legou a súa metade da casa ao Padroado. Mosquera estaba gravemente endebedado co pago da súa metade da casa. Débeda que pagou o Centro Galego de Bos Aires, conseguindo así que toda a casa fose propiedade do Padroado. Como agradecemento colocóuselle unha placa ao lado do Mausoleo de Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres e presidiu o Padroado. Foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega en 1952.
xxxx
Forma jurídica del ingreso: Compra

A documentación ten un primeiro proceso de organización e selección no arquivo de oficinas que a producen, previo ao seu paso ao arquivo, non realizándose actualmente ningún proceso de expurgo relevante. En todo caso, o expurgo está suxeito a procedementos regrados e autorizados pola comisión cualificadora competente.
Libre, exceptuando aquela documentación en mal estado de conservación e aqueloutra reservada ou de acceso restrinxido regulada especificamente pola lexislación e regulamentación.
As comúns, tanto en soporte papel (fotocopias, impresos e copias autenticadas) como en soportes especiais (fotografías, disquetes, CD...), salvagardando aqueles documentos e/ou series documentais aos que afecte a Lei 22/1987, do 11 de novembro, de Propiedade Intelectual e o Real Decreto Lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual.
Material en el que se registra la información: Papel
Estado de conservación: Bo
O fondo conta cos seguintes instrumentos de descrición: • Cadro de Clasificación Funcional • Inventarios • Índices • BBDD • Guía do Arquivo