É unha asamblea constituída polas principais autoridades, comerciantes, médicos, avogados...(Aznar, Pereira, Muñoz, Pérez Costales, Miranda, López Seoane, Brañas, Barreiro, Bescansa, Martínez Pena, Martínez Fontela, Prieto Puga, Soto, Rodríguez Martínez, Marchési...) en defensa do mantemento da Capitanía General de Galicia e a súa sede na Coruña. A principios de marzo de 1893, a cidade ten noticias do proxecto proposto polo Ministro de Guerra do establecemento dunha nova división territorial militar na que se suprimía a Capitalidade Militar de Galicia e trasladábase a súa sede a León. Estes sucesos foron mal recibidos na Coruña, e o concello, co fin de evitar o que consideraban un despoxo, dirixíuse aos poderes do Estado, aos seus deputados e senadores, solicitando a súa intervención e amparo. Como as repostas que diron os organismos oficiais non foron convincentes, a corporación resolveu a dimisión dos seus cargos. O 19 de marzo de 1893 convocóuse unha Junta Popular, baixo a presidencia de don Evaristo Babé y Gely, para protestar contra a supresión da Capitanía Militar de Galicia, con sede nesta localidade. Ao día seguinte esta Junta integrada polo alcalde, os concelleiros e outras figuras destacadas, pasou a denominarse de Defensa. Nomeouse presidente da mesma a don José Soto González, alcalde dimisionario, e como secretario a don José L. Pereira. As reunións tiñan lugar no salón da Sociedad Circo de Artesanos. De seguido, as autoridades locais dimisionarias solicitaron o apoio das restantes cidades galegas, así como doutras localidades e asociacións. Dentro desta xunta manténse unha Permanente integrada por sete membros. Despois de lograr o apoio doutras asociacións, sociedades, prensa, ..., a xunta redactou uns estatutos e unha alocución. O 7 de xuño reúnese en sesión permanente e fai público un novo manifesto ao pobo galego (datado o día 8), convocándoo para unha magna concentración na praza de touros que se celebraría o día 9. Posteriormente noméanse as Comisiones de Hacienda, para recadar fondos, e a de Propaganda, para formar outras comisións nas distintas cidades galegas. O día 23 do mesmo mes a xunta é procesada por "desobediencia y constitución ilegal” tendo que depositar unha fianza dun millón de pesetas. Como resposta a esta orde gobernativa, a Junta de Defensa publica un manifesto no que solicita que se suspenda o pagamento de toda contribución directa ao Estado. O día 18 de xullo ingresan en prisión tres dos seus membros (Pita da Veiga, Golpe e Rodríguez) polos termos vertidos nos discursos pronunciados días antes en Ourense. Logo de dictarse orde de ingreso en prisión contra todos os membros por non pagar a fianza establecida, estes son encarcelados no Convento de Santo Domingo. Ese mesmo día para substituir a esta Junta de Defensa constituiuse unha segunda (peche de comercios, manifestacións populares...) e o día 21 de xullo decídese poñer en liberdade a todos os detidos. O 12 de setembro consumaríase o despoxo e o Ministerio de Guerra deixaría reducidas a sete as Rexións militares españolas. Esta Junta de Defensa seguíu a reunirse, aínda que de xeito máis esporádico, ata o restablecemento de 1896, coa creación do 8ª Cuerpo del Ejército e da Capitalidad Militar na Coruña, mediante o Real decreto do 10 de setembro de 1896
Despois da disolución da Junta de Defensa estes documentos deberon permanecer en posesión da familia do sr. Soto González
Descripción de la forma de ingreso: Don Antonio Rodríguez López-Lago, cuñado de don José Soto González, remítelle o 27 de novembro de 1952 a don Angel del castillo, cronista e arquiveiro da cidade, esta documentación. A Comisión Permanente acepta o 23 de decmbro dese mesmo ano a entrega.
Esta asamblea integrada por persoeiros do mundo da cultura, economía, política....nace para defender os intereses locais, máis deseguida vai proxectarse como unha xunta de defensa dos intereses de Galicia.
Corresponde a unha unidade de instalación formada por 2 documentos: -Libro de actas. Acompaña: Semanario satírico El Duende, nº 427 (A Coruña, 25 de xuño, 1893) -Album-libro rexistro de subscritores para pagar a multa imposta a don José Soto polo Gobernador civil
Está suxeita ás taxas e prezos públicos fixados o 14 de setembro de 1995 polo Concello na sua Ordenanza nº 32, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas e análogas de titularidade municipal. En canto ás reproducións mediante fotocopia, ao ser planos e fotografías, están suxeitas ás normas internas do centro, é dicir, non se permite a sua reprodución mediante este procedemento.
Descripción estado de conservación: O exemplar "El Duende" que acompaña ao Libro de actas, atópase en mal estado de conservación
Inventario e Rexistro topográfico
No existen copias
V.a. *AMC.AC. Fomento-Expediente instruído con motivo da supresión da Capitanía General de Galicia por consecuencia da nova división territorial militar, 1893 (en organización) *AMC. Bugallal y Marchesi, J.L. Fotografía da Junta de Defensa reunida no Convento de Santo Domingo, 21 de xullo de 1893 (en organización) *AMC. Biblioteca auxiliar- Golpe Varela, S.De la Coruña a la cárcel pasando por Galicia. LA Coruña: Tip. de la Papelería de Ferrer, 1894. Sig. 139
BMEL-castilla, Modesto. Historia de la Junta de Defensa de Galicia. La Coruña:Tip. de la Papelería de Ferrer, 1894. Martínez Esparís, C. La resistencia gallega.
-A pesares de que únicamente conservamos actas ata setembro de 1893, sabemos que esta Junta continuou existindo, reuníndose de forma esporádica, ata 1896, ano no que se restablecéu a capitanía general con sede na Coruña. -O exemplar de EL Duende contén un gravado de don José Soto González, presidente da Junta de Defensa. -A data da fotografía está extraída do artigo seguinte: Fernández, Carlos. La lucha por la Capitanía. En: Quinientos años de la Capitanía General de galicia. Madrid: Ministerio de Defensa, 1985.