As Irmandades da Fala foron organizacións culturais e políticas que buscaban reivindicar, defender e fomentar os dereitos e a cultura de Galicia. Trala creación en 1916 da primeira Irmandade da Fala na cidade da Coruña, xurdiron asociacións rexionalistas por toda a comunidade galega. A súa finalidade era reivindicar a cultura galega a través de distintas actividades culturais e políticas. En Ourense a primeira irmandade fundouse en 1916 e, tras varias refundacións e cambios de nome, reconstituíuse en 1920 baixo a dirección de Vicente Risco como “Mocedá Galeguista d’Ourense”. A irmandade auriense estivo integrada por varios galeguistas, como Antón Losada Diéguez, Arturo Noguerol ou Xaquín e Xurxo Lorenzo Fernández; e tamén por membros do grupo Nós, como Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas. No ano 1922 constitúese en Ourense a Irmandade Nazonalista Galega (ING) e a Mocedá Galeguista modifica os seus estatutos para converterse na delegación ourensá da ING. Coa chegada da Ditadura de Primo de Rivera en 1923 desaparece a asociación, que rexurde trala caída do ditador en 1930, adoptando daquela o nome de “Irmandade Galeguista de Ourense”. Esta nova etapa finalizou coa proclamación da II República en abril de 1931, data na que os membros da irmandade ourensá fundan, xunto con outras organizacións, o Partido Nazonalista Repubricán de Ourense. A finais dese mesmo ano participan na creación do Partido Galeguista, considerado o cumio do desenvolvemento do galeguismo, un proceso iniciado co rexionalismo do século XIX e impulsado polo nacionalismo das irmandades.
Historia archivística
Este fondo ingresou no Arquivo Histórico Provincial de Ourense da man de Xaquín Lorenzo Fernández "Xocas".
Condiciones de acceso
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia