Os xesuítas establécense en Galicia a mediados de 1550 e súmanse á rede educativa que existía coas escolas de primeiras letras, contribuíndo tamén ao labor de apostolado no eido rural. A Compañía de Xesús será a partir de entón a principal institución que se encargue do ensino secundario en terras galegas. O colexio de Santiago de Compostela fundouse en 1577 co apoio do arcebispo ourensán Francisco Blanco de Salcedo, que coñecera aos xesuítas en Monterrei. Instalados nun primeiro momento nunhas casas da Porta da Pena, trasládanse ao ano seguinte, en 1578, ao convento medieval de Santa María a Nova ata que edifican o seu propio colexio coa súa igrexa, reformando o antigo edificio franciscano. A finais do século XVI fundan unha escola de nenos, ademais de ensinar Teoloxía, Gramática e Artes ou Filosofía. A partir de 1648 os xesuítas son os encargados das cátedras de Gramática da Universidade de Santiago de Compostela. A situación mantívose ata a súa expulsión en 1767 coa aplicación da Pragmática Sanción de Carlos III, momento no que o colexio e os demais edificios da orde xesuítica en Santiago pasan á universidade.
Historia archivística
Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo.
Condiciones de acceso
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia