O convento de San Domingos de Ourense foi fundado en 1641 a instancias dun indiano, Diego de Araujo, que puxo os fondos necesarios para o establecemento dos dominicos na cidade. As obras do cenobio non comezaron ata 1643 e a igrexa non se consagrou ata 1666. Ao longo da súa historia non tivo un número elevado de frades, pero entre eles destacou frei Luis de Vivero, responsable da consolidación da orde de San Domingos na provincia ourensá. O convento, aínda sendo unha comunidade reducida, chegou a contar con cátedras de Teoloxía Moral e Artes. Trala Desamortización do século XIX a igrexa converteuse en parroquial co nome de Santa Eufemia a Real do Norte. O edificio conventual coñeceu desde entón diversos usos (sede da Deputación Provincial, escola, Audiencia Provincial…) ata que, xa en ruínas, foi demolido a principios do século XX. No seu soar edificouse a Delegación Provincial de Facenda. Da construcción orixinal só se conserva a antiga igrexa na rúa de San Domingos.
Historia archivística
Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo.
Condiciones de acceso
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia