Delegación Provincial da Consellería de Turismo, Xuventude e Deportes
Fecha de creación
1985-01-01 / 1986-12-31. 1985 a 1986
Nivel de descripción
Fondo
Volumen y soporte de la unidad de descripción
1 Unidade(s) de instalación compartida(s)
Historia y alcance
Historia institucional/Reseña biográfica
Na primeira estrutura da Xunta de Galicia (Decreto 1/1982, do 21 de xaneiro) atopamos a Consellería de Turismo e Deportes, desenvolvida polo Decreto 41/1982, do 17 de febreiro.
Na modificación da estrutura orgánica do Decreto 140/1982, do 30 de novembro, segue aparecendo a Consellería de Turismo e Deportes.
Nese momento, a estrutura resultaba pouco axeitada para o crecente volume de actividades por desenvolver, tendo en conta o incremento de funcións como consecuencia das novas competencias atribuídas polos decretos 131/1982, do 4 de novembro, e 146/1982, do 1 de decembro, en materia de turismo e asistencia social, de promoción sociocultural e de deportes. Neste sentido, publícase o Decreto 38/1983, do 20 de xaneiro, sobre estrutura orgánica e funcional da Consellería de Turismo, Xuventude e Deportes.
O devandito decreto regula tamén o eido periférico, con delegacións provinciais de Turismo, Xuventude e Deportes na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, cun delegado provincial á fronte e un secretario provincial. E na disposición adicional establece que as competencias e funcións asignadas á Consellería de Turismo e Deportes son asumidas pola Consellería de Turismo, Xuventude e Deportes.
Como consecuencia, o Decreto 30/1983, do 7 de marzo, polo que se modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, recolle xa a denominación de Consellería de Turismo, Xuventude e Deportes, que se mantén na reestruturación dada polo Decreto 124/1983, do 15 de setembro.
En cumprimento da disposición final segunda do Decreto 151/1983, do 11 de outubro, a estrutura e funcións dos órganos superiores, centros directivos e unidades dependentes da Consellería desenvólvense no Decreto 124/1984, do 23 de febreiro. Pero subsiste, con carácter temporal, a organización das delegacións provinciais, en tanto non se realice a reestruturación prevista na disposición transitoria do devandito Decreto 151/1983. Esta regúlase no Decreto 172/1984, do 6 de setembro, que configura a administración periférica en torno aos seguintes órganos: o Delegado Xeral, os Delegados Provinciais, e no seu caso, os Delegados Comarcais e Locais. Créase o Consello de Dirección como órgano de asistencia ao Delegado Xeral.
En cada provincia noméase un delegado xeral que depende organicamente da Consellería de Presidencia, definido como un representante provincial da Xunta que, sen interferir na división funcional da Administración, coordine as actividades dos distintos ramos e asuma a representación e a relación coas deputacións e entes locais, así como a presidencia dos órganos colexiados provinciais.
Así mesmo, nas provincias existirá unha delegación provincial de cada consellería, na que se integrarán todos os seus órganos e servizos. Os delegados provinciais dependen orgánica e funcionalmente da súa consellería.
Por último, na remodelación de 1986 (decretos 11/1986, do 1 de marzo, e 14/1986, do 1 de marzo) desaparece esta consellería e dúas das superviventes asumen as súas competencias: así, na Consellería de Traballo, Industria e Turismo atopamos unha Dirección Xeral de Turismo; e na de Cultura e Benestar Social, a Dirección Xeral de Xuventude e Deportes
Os servizos territoriais da Consellería de Cultura e Benestar Social aparecen definidos no Decreto 204/1986, do 25 de xuño, que establecen dentro da Delegación Provincial a existencia dunha área de Xuventude e Deportes cun xefe de Servizo á fronte.
Historia archivística
A documentación chegou ao Arquivo do Reino de Galicia mediante unha transferencia irregular: tratouse máis ben dunha recuperación ante unha posible destrución. Nos anos 80 do século XX, (aproximadamente no 1989), ante o inminente traslado da sede da delegación, o persoal do ARG achegouse ata o edificio da praza de Pontevedra para recoller toda a documentación "almacenada" no depósito das caldeiras. Por suposto, sen ningún tipo de clasificación nin identificación ou relación. Así, o que nun principio parecía unicamente documentación da Fronte de Xuventudes, abrangue tamén documentos da Sección Feminina, do SEU, da delegación provincial do Ministerio de Cultura, e mesmo da Consellería.
Así, pódese afirmar que estamos ante nove fondos, herdeiros os últimos do primeiro. Serían:
- a documentación da Xefatura Comarcal do Movemento de Betanzos;
- a da Delegación Provincial de Xuventudes;
- a da Sección Feminina;
- a da Delegación Provincial de Asociacións / Familia;
- a Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo;
- a Delegación Provincial do Ministerio de Educación e Ciencia;
- a Delegación / Dirección Provincial do Ministerio de Cultura;
- a Delegación Provincial da Consellería de Cultura;
- a Delegación Provincial da Consellería de Turismo, Xuventude e Deportes.
E un décimo fondo, a documentación da "Sociedad La Terraza" chegou mesturada con estes fondos, probablemente porque compartiran as mesmas instalacións.
Alcance e conteúdo
O conxunto da documentación deste fondo custodiada no Arquivo abarca os anos 1985-1986, e contén unicamente unha serie de correspondencia de saída, de Secretaría.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Galician
Escritura:
Mecanografiada
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descripción del estado de conservación:
Trátase de documentación textual sobre papel, en bo estado de conservación
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Pode considerarse como relacionada a documentación da Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo, do Ministerio de Educación e Ciencia, do Ministerio de Cultura, así como a da Consellería de Cultura. Atoparemos documentación complementaria nos arquivos históricos provinciais e no Arquivo Xeral da Xunta de Galicia.
Notas
Nota general
A unidade de instalación está compartida con outros fondos.
Conta con instrumentos de traballo complementarios: estudos das series identificadas e base de datos de lexislación.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia