Naceu José Pérez Ballesteros en Santiago o 30 de xullo de 1833 e morre na Coruña o 30 de outubro de 1918. Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en dereito civil e canónico dedicou todala súa vida á actividade docente primeiro en Santiago e despois no Instituto da Coruña donde foi director desde 1878 ata a súa xubilación. Albacea de la Condesa de Espoz y Mina contribueu poderosamente á creación dunha escola de nenas, en San Pedro de Nós, a cargo das Hermanas de la Caridad. Redactou o catálogo da Biblioteca do Consulado donde traballou durante vinte anos. Cooperou na testamentaria do benefactor galego Fernando Blanco de Lema para a creación do colexio de primeira e segunda ensinanza de Cee. Tamén débese a Pérez Ballesteros a idea de Eusebio da Guarda de construir o edificio do instituto, de feito foi el o que elixiu o emplazamento e planeou a súa distribución interior. Desempeñou importantes comisións oficiais e foi xurado e presidente de varios certámes. Recibiu tamén premios e medallas como o obtido en 1884 ao mellor refraneiro galego. Foi dos primeiros membros da Real Academia Galega e tamen tesoureiro dela.
Historia archivística
Descoñecida.
Alcance e conteúdo
Papeletas manuscritas dun dicionario paremiolóxico, dun dicionario inverso galego e dun dicionario inverso de topónimos de Galicia.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Lengua:
Galician
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia