• Acessibilidade
  • Mapa do portal
  • Contacto
  • Galego
  • Castellano
  • Portugués
Logo del Arquivo Dixital de Galicia Logo de Xunta de Galicia
  • Inicio
    • Quem somos
    • Colaboradores
  • Consulta
    • Búsqueda asistida
    • Listado de fondos
    • Produtores
    • Materias
    • Lugares
  • Archivos
  • Destacados
  • Usuarios
    • Participa
    • Contacto
    • Ayuda
    • FAQ's
Está em: › Eduardo Pondal

Eduardo Pondal

Enlace persistente

Visualizador embebido:

EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

1. Área de identificación

1.1 Código de referencia

  • ES.GA.15030.ARAG/2.23.
Localización de la documentación:
  • España-Galicia-A Coruña-A Coruña Icono con lupa

1.2 Título

  • Eduardo Pondal

1.3 Fechas

Fecha de creación:
  • 1890-01-01 / 1991-12-31. 1890 a 1991 (1935, 1957-1976, 1991)

1.4 Nivel de descripción

  • Fondo

1.5 Volumen y soporte de la unidad de descripción

  • 24 Unidade(s) de instalación

2. Área de contexto

2.1 Productor-Persona

  • Pondal, Eduardo, Productor Icono con lupa

2.2 Historia institucional/Reseña biográfica

  • Eduardo Pondal Abente nace en Ponteceso o 6 de febreiro de 1835 e morre na Coruña o 8 de marzo de 1917. Foi o fillo máis novo do matrimonio Juan González-Pondal e Ángela Abente Chans. Estuda gramática latina na reitoral de Vilela de Nemiña, sendo o seu mestre Cristóbal de Lago. En 1848 comeza o bacharelato en Santiago de Compostela, graduándose como Bacharel en Filosofía en xullo de 1854. Logo cursa estudos de medicina, que rematan o 18 de xullo de 1860. O 2 de marzo de 1856 participa no Banquete de Conxo, xunto a Aurelio Aguirre e Luís Rodríguez, onde pronucia o primeiro poema que se lle coñece, aínda que comezara a escribir, posiblemente, xa en 1850 (con 15 anos). Rematada a carreira, traballa como médico da Armada en Ferrol, onde tiña ao seu cargo dous batallóns de Infantería de Mariña ao tempo que exercía no Hospital Militar. Tras un breve paso pola Coruña, en 1862, en febreiro de 1863 trasládase a Madrid para presentarse ao exame de ingreso no corpo de Sanidade Militar. A fins de marzo xa ten aprobados os exames e regresa a Galiza. É destin ado á fábrica de armas de Trubia (Asturias) onde permanece o mes de xullo. O 27 dese mes pide un permiso que renova o 5 de febreiro, para permanecer en Santiago . En decembro de 1863 é dado de baixa en Trubia, e no exército en marzo de 1864. Entre 1863 e 1870 aséntase en Ponteceso, con saídas esporádicas. Probablem ente, nestas datas comeza un proceso morboso que desembocará na crise de 1903 e culmin ará na loucura final. En 1870 trasládase a Santiago, onde permanece ata 1885, ano en que marcha para a Coruña. En 1888 e 1890-1892 descansa no balneari o de Carballo. En 1894 instálase definitivamente na Coruña (entre 1905 e 1908 pasa unha tempada en Ponteceso). Alí frecuenta o faladoiro da librería de Carré, logo coñecida como "Cova Céltica". En 1916 queda cego. Morre no hostal "La Luguesa" da Coruña.

2.3 Historia archivística

  • O fondo pertence ao grupo de manuscritos e documentación persoal que o poet a conservou durante a súa estancia na Coruña. Descoñécese a data exacta na que o conxunto documental chega á RAG. Pondal legou á Academia no seu testamento hológrafo do 23 de xullo de 1910 os seus manuscritos, tal e como reza na cláusul a "Dejo mis manuscritos literarios y mis impresos poéticos, a la Real Academia Gallego para que los expurgue y edite cuando lo tenga por conveniente en connive ncia con mis albaceas (José Valdés Díaz e Enrique Ferreiro, falecidos antes que Pondal)". O testamento foi protocolizado o 25 de marzo de 1917, pero según a información do boletín académico (BRAG, t. X, p. 210) o poeta entregou á institución os documentos "poco antes de su muerte". Na Academia consérvas e correspondencia cos herdeiros de Pondal, posterior ao seu pasamento, centrada na cesión dos dereitos de autor da súa obra, e na que non se menciona directamen te a documentación, quizais porque posiblemente os manuscritos xa estarían na RAG. Desde a súa chegada á RAG a documentación foi obxeto de diversas actuacións por parte dos académicos e dos investigadores, deixando cada unha as súas pegadas no fondo. Nun principio, en Xunta Ordinaria do 30 de xuño de 1924, desígnase unha comisión, formada por Uxío Carré e Manuel Lugrís, encargada da edición das poesías inéditas de Pondal. Se ben, xa desde principios dos anos 20 ambos académicos deberon de traballar cos manuscritos do fondo (Carré edita en 1921 no Ideal Gallego parte do canto XXV d´Os Eoas). O labor editorial non dará froitos ata 1935, cando Lugrís dá ao prelo unha edición da obra de Pondal (Carré morre en 1932) na que inclúe parte das poesías inéditas conservadas na Academia. A consecuencia deste traballo editorial quedan integrad as no fondo as copias manuscritas (de varias mans, entre as que deben de atoparse as de Lugrís e Carré) dos poemas orixinais. En Xunta Xeral do 25 de abril de 1954 desígnase unha nova comisión, formada por Leandro Carré, Ramón Artaza, Francisco Vales Villamarín, Gonzalo López Abente e Ángel del Castillo, para estudar a posible edición d´Os Eoas. O seu informe, desfavorable, aparece public ado no boletín da Academia (t. XXVI, pp. 85-89). De novo en Xunta Ordinaria do 25 de marzo de 1956 encárgaselle a Fermín Bouza Brey un novo informe, que será igualmente desalentador. Dos seus traballos quedarán no fondo a transcrició n a máquina de 43 estrofas d´Os Eoas. En 1968 Amado Ricón consulta o fondo para a súa edición da obra poética de Pondal de 1971. O mesmo volverá en 1990 para realizar unha edición d´Os Eoas, editada en 1992. Desde 1994 Manuel Ferreiro, para a súa edición da obra poética galega completa de Eduardo Pondal (3 tomos, 1995-2002), comeza a traballar cos fondos da RAG. Cando en 1998 se coméza a reorganización do arquivo académico, o investigador colabora na identif icación e ordenación dos manuscritos, co persoal do arquivo. Nese momento o fondo atópas e en desorde e separado en varios bloques, por un lado a "maleta" na que Pondal gardaba parte do material d´Os Eoas, e por outra diversos grupos dispersos, que foron agrupándose en series e ordenándose a medida que se identificaban: - Un primeiro grupo no que se atopaban manuscritos literarios, entre os que destacan poemas e algunhas estrofas soltas d´Os Eoas, cartas, e as copias realizadas para a edición da RAG da poesía de Pondal de 1935. Identificado entre 1994 e 1995. - O manuscrito mecanografado d´Os Eoas, xunto a novos poemas e cartas. Identificado no 2000. - Galeradas d´Os Eoas e estrofas soltas manuscritas. Identificadas no 2002. - Transcricións de estrofas d´Os Eoas de Fermín Bouza Brey, xunto con correspondencia sobre os mesmos e máis estrofas manuscritas. Identificadas no 2002. En 1998 ordenouse a correspondencia e parte dos manuscritos de poemas, creándose un inventario dos mesmos para facilitar a súa consulta. Ata o 2003, non se remata a organizaci ón do fondo, coa organización dos materiais da "maleta" e os grupos de documentos identificados posteriormente.

2.4 Forma de ingreso

Forma jurídica del ingreso:
  • Doazón
Descripción de la forma de ingreso:
  • Doados á RAG por disposición testamentaria do 23 de xullo de 1910.
Fecha de ingreso:
  • 23/07/1910

3. Área de contenido y estructura

3.1 Alcance y contenido

  • O fondo está formado principalmente polos manuscritos literarios de Eduardo Pondal. Ademais acompáñaos unha serie de correspondencia. En menor número tamén hai fotografías e outros documentos persoais. Finalmente recortes de prensa e impresos completan o conxunto. En principio a maioría da documentación foi acumulada ao longo dos anos de estancia de Pondal na Coruña, onde reside desde 1894 (cunha peréntese entre 1905 e 1908, na que se atopa en Ponteceso), ata 1917, ano do seu pasamento.

3.4 Organización

  • Para organizar o fondo empregouse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo da Real Academia Galega para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra "Manual de archivos familiares" (1995), tamén se tivo en conta o cadro proposto pola "Sección Nobleza" do AHN. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 02.23.1. Persoal 02.23.1.1. Correspondencia 02.23.1.1.1. Correspondencia recibida 02.23.1.1.2. Borradores de cartas de Eduardo Pondal 02.23.1.2. Biográficos 02.23.4. Función privada 02.23.4.1. Produción intelectual 02.23.4.1.1. Produción Lírica 02.23.4.1.1.1. Lírica en galego 02.23.4.1.1.1.1. Manuscritos de poemas soltos 02.23.4.1.1.1.2. Manuscritos de poemas fragmentarios 02.23.4 .1.1.1.3. Poemarios e coleccións de poemas 02.23.4.1.1.2. Lírica en castelán 02.23.4.1.1.3. Manuscritos alógrafos 02.23.4.1.1.3.1. Edición da Real Academia Galega de 1935 02.23.4.1.1.3.2. Poemas soltos 02.23.4.1.2. Os Eoas 02.23.4.1.2.1. Materiais gardados na "maleta de Pondal" 02.23.4.1.2.1.1. Cartafoles 02.23.4.1.2.1.2. Mazos de papeletas soltas 02.23.4.1.2.2. Copias alógrafas e autógrafos a lapis de diferentes partes da obra 02.23.4.1.2.3. Manuscrito mecanografado d´Os Eoas 02.23.4.1.2.4. Materiais anexos á edición de 1913-1914 02.23.4.1.2.5. Materiais aparecid os coas copias para a edición de 1935 02.23.4.1.2.6. Mazo de papeletas soltas 02.23.4.1.2.7. Papeis sobre o intento de edición de Fermín Bouza-Brey 02.23.4.1.2.8. Papeletas para a edición facsímile de Amado Ricón Virulegio 02.23.4.1.3. Teatro 02.23.4.1.3.1. Manuscritos 02.23.5. Coleccións 02.23.5.1. Recortes de prensa 02.23.5.2. Impresos 02.23.5.2.1. Publicacións periódicas 02.23.5.2.2. Monografías 02.23.5.2.3. Follas voaneiras 02.23.5.3. Himno galego

4. Área de condiciones de acceso y utilización

4.1 Condiciones de acceso

Normativa:
  • Documentación de libre acceso, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño, do patrimonio histórico español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.

4.3 Lengua/Escritura(s) de la documentación

Lengua:
  • Galician
  • Spanish; Castilian

5. Área de documentación asociada

5.2 Existencia y localización de copias

Existencia de copias:
  • No existen copias

5.3 Unidades de descripción relacionadas

Unidades de descripción relacionadas:
  • No Arquivo Parga Pondal atópase a parte do arquivo persoal do poeta, que de ixou na súa residencia familiar de Ponteceso. Noutros fondos persoais atópanse: Manuscritos: - "Fillo cativo da granda", no fondo José Rubinos Ramos, sig. 164/1.25 - Copia manuscrita do poema "Rosa de Corcoesto", fondo Irmáns da Iglesia, sig. 97/25 Impresos: - Folla voandeira coa poesía "Marchóns", dedicada a Galo Salinas, fondo Galo Salinas, sig. 136/57 Correspondencia: - Dúas cartas de Pondal a Manuel Casás Fernández (1914), fondo Manuel Casás, sig. 208/124-5 - Dúas cartas de Pondal a Pascual Veiga (1890), fondo Pascual Veiga, sig. 227/33, 44 - Carta de Pondal a Uxío Carré Aldao, fondo Uxío Carré Aldao, sig. 245/2 - Correspon dencia con Andrés Martínez Salazar, fondo Familia Martínez Morás, sig. 300/16 Para a documentación de Pondal conservada noutros arquivos, ver Ferreiro 1991, pp. 7-8, 1995, pp. XI-XVIII.

5.4 Nota de publicaciones

Bibliografía:
  • Os manuscritos literarios foron utilizados nas seguintes edicións da obra p oética de Pondal: PONDAL, Eduardo, Queixumes dos pinos y poesías inéditas, A Coruña, Academia Gallega, 1935 PONDAL, Eduardo, Novos poemas, ed. Amado Ricón, Vigo, Galaxia, 1971 PONDAL, Eduardo, Os Eoas, ed. Amado Ricón, A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1992 PONDAL, Eduardo, Poesía galega completa, ed. Manuel Ferreiro, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1995-2005, 4 t. Parte da correspondencia aparece en: FERREIRO, Manuel, Pondal: do dandysmo á loucura, Santiago de Compostela, Laiovento, 1991 VALDÉS HANSEN, Felipe, El Director General de Aduanas José Valdés Díaz (1854-1916): del Ponteceso de los Pondal a la Paz de París, A Coruña, Edicións do Castro, 2005

7. Área de control de la descripción

7.1 Nota del archivero

  • Identificación dos manuscritos e da correspondencia: Manuel Ferreiro Cadro, descrición de documentos e inventario /Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG)(1999) Primeira ordenación e inventariado dos manuscritos de obra lírica e de correspondencia: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG) Doescrición do fondo e das series: Ricardo Axeitos Valiño (ARAG) Descrición e catalogación das series fotográ ficas: Nélida Cosme (ARAG) Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernánd3z-Couto Tella (ARAG) Identificación dos manuscritos e da correspondencia: 1994 - Primeira ordenación e inventariado dos manuscri tos coa obra lírica e coa correspondencia: 1998 Ordenación dos manuscritos d´Os Eoas e revisión dos inventarios anteriores, descrición do fondo e das series; descrición e catalogación das series fotográficas: Nélida Cosme (ARAG): 2003 - 2004

7.2 Reglas o normas

Reglas o normas:
  • Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Proposta inicial. Maio 2008
  • ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
 
  • Logo de OAI-PMH
  • Logo de Linked Open Data
  • Logo de Europeana Data Model
  • Logo de RSS
  • Logo de ARPAD
  • Logo de POCTEP
  • Logo de FEDER

Junta de Galiza

Xunta de Galiza: Informação mantida e publicada em internet pela Secretaria Geral de Cultura

Atención a la ciudadanía

Galiza