Manuel González de las Riberas (falecido en 1880), avogado, veciño de San Remixio de Liber (Becerreá, Lugo), casou con Florentina Vázquez Curiel (falecida en 1905), filla dos patrucios Francisco Vázquez Blanco e Vicenta Curiel Losada, veciños de Becerreá. Tivo por fillos a Arturo (falecido en 1938), Liberio, Amanda e Aurora González Vázquez.
Manuel González descendía dunha familia de labradores acomodados de Liber, pero ademais dos bens familiares que tiña nesta parroquia, acrecentou a súa facenda comprando bens desamortizados. Así en 1844 mercou rendas forais do Convento de Penamaior (Santa María de San Lourenzo de Penamaior, Becerreá) e en 1847 unha partida de rendas do Priorato de Santa María a Real do Cebreiro. Valentín Vázquez Curiel, irmán de Florentina Vázquez Curiel, foi avogado nas Nogais, alcalde de Lugo e Deputado nas Cortes en varias lexislaturas desde 1853 ata 1873. Do seu pai herdou os vínculos e as casas das Nogais, Vilavexe (Santo André, As Nogais), Agüeira (San Xoán de Agüeir a, Becerreá) e Erbón (San Pedro de Tortes, Becerreá). Estes bens á morte de Valentín Vázquez en 1879 pasaron ao seu fillo Jesús Vázquez. Manuel González, primeiro, e logo Arturo González administraron estes bens para Jesús Vázquez ata que en 1899 Arturo González lle mercou a Jesús Vázquez parte desta herdanza, especialmente, bens do concello de Becerreá e entre eles a casa de Erbón.
2.3 Historia archivística
Descoñecida.
2.4 Forma de ingreso
Forma jurídica del ingreso:
Compra
Fecha de ingreso:
28/08/2005
3. Área de contenido y estructura
3.1 Alcance y contenido
Neste fondo temos por un lado documentación persoal da familia e polo outro documentación patrimonial, que constitúe a parte máis voluminosa do fondo.
A documentación persoal redúcese a uns poucos documentos de diversa tipoloxía (cartas, fotografías, certificacións, impresos e recortes de prensa) de Manuel González de las Riberas e dos seus fillos e netos. Pódese destacar, polo seu volume, a correspondencia de Amparo González Roger, filla de Liberio González Vázquez, con diversas persoas.
Na documentación patrimonial atopamos tres grupos. O primeiro contén os papeis da casa de Liber, na que se agrupan os xustificantes da propiedade e a documentación sobre a administración dos bens que Manuel González de las Riberas herdou, así como daqueles que mercou para acreentar as súas rendas.
A maior parte da documentación deste grupo pertence aos séculos XVIII e XIX, e foi xerada por Manuel González e os seus antecesores. Resta un pequeno conxunto de papeis do século XX orixinados pola actividade de Arturo González Vázquez e os seus irmáns.
Todo o material xira ao redor de bens localizados nos concellos de Becerreá e Cervantes.
O segundo, reúne a documentación das casas das Nogais, de Vilavexe, de Agüeira e de Erbón, que conforman a herdanza de Valentín Vázquez Curiel. estes bens foron administrados por Manuel González de las Riberas e polo seu fillo, Arturo González Vázquez, ata que parte deles foron mercados polo propio Arturo González, ao herdeiro de Valentín Vázquez, o que xustifica a súa integración neste fondo.
Neste caso é dentro dos séculos XVII, XVIII e XIX cando se produce maior parte dos papeis, de mans dos diferentes posuidores destas casas, pero tamén hai documentación dos séculos XVI e XX.
Todo o material xira ao redor de bens localizados nos concellos de Becerreá e As Nogais.
O terceiro, e último, ten papeis do Priorato de Santa María a Real do Cebreiro. Parte das rendas que pertenceron a este Priorato mercounas Manuel González de las Riberas cando foron desamortizadas.
Cronoloxicamente a documentación dátase ente os séculos XVI e XX, se ben a maior parte pertence aos séculos XVIII e XIX. Aínda que os principais produtores deste material son os González de las Riberas, tamén hai papeis producidos polo propio Priorato e que deberon de pasar ás mans desta familia cando Manuel González mercou á Nación estas rendas.
Todo o material xira ao redor de bens localizados no concello de Pedrafita do Cebreiro.
Finalmente hai un pequeno conxunto de documentación xeral, que ou ben atinxe a todos estes grupos, ou ben non ten cabida neles.
A documentación patrimonial repártese en moi diversas tipoloxías documentais que se distribúen nas distintas series do fondo. Se ben son os xustificantes da propiedade, que inclúen compravendas, arrendamentos, documentación testamentaria, inventarios e diversos contratos de cesión da propiedade, os que supoñen a parte máis abundante.
3.4 Organización
Para organizar o fondo empregouse o cadro de clasificación elaborado polo arquivo da Real Academia Galega para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra "Manual de archivos familiares" (1995), tendo tamén en conta o cadro proposto pola "Sección Nobleza" do AHN. O cadro de clasificación resultante é o seguinte:
02.69.1 Persoal
02.69.1.1 Biográficos
02.69.2 Patrimonial
02.69.2.1 Arquivo xeral
02.69.2.1.1 Xustificantes da propiedade
02.69.2.1.2 Administración da propiedade
02.69.2.2 Casa de Liber
02.69.2.2.1 Xustificantes da propiedade
02.69.2.2.2 Administración da propiedade
02.69.2.2.3 Persoal
02.69.2.3 Casa das Nogais, de Vilavexe, de Agüeira e de Erbón
02.69.2.3.1 Organización do arquivo
02.69.2.3.2 Xenealoxía e heráldica
02.69.2.3.3 Xustificantes da propiedade
02.69.2.3.4 Administración da propiedade
02.69.2.3.5 Persoal
02.69.2.4 Priorato de Santa María a Real do Cebreiro
02.69.2.4.1 Xustificantes da propiedade
02.69.2.4.2 Administración da propiedade
02.69.2.4.3 Coleccións
4. Área de condiciones de acceso y utilización
4.1 Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
5. Área de documentación asociada
5.2 Existencia y localización de copias
Existencia de copias:
No existen copias
7. Área de control de la descripción
7.1 Nota del archivero
Instalación e descrición do fondo: Ricardo Axeitos Valiño (ARAG). 2009, abril
Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG)
7.2 Reglas o normas
Reglas o normas:
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Proposta inicial. Maio 2008
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
Xunta de Galiza: Informação mantida e publicada em internet pela Secretaria Geral de Cultura