• Acessibilidade
  • Mapa do portal
  • Contacto
  • Galego
  • Castellano
  • Portugués
Logo del Arquivo Dixital de Galicia Logo de Xunta de Galicia
  • Inicio
    • Quem somos
    • Colaboradores
  • Consulta
    • Búsqueda asistida
    • Listado de fondos
    • Produtores
    • Materias
    • Lugares
  • Archivos
  • Destacados
  • Usuarios
    • Participa
    • Contacto
    • Ayuda
    • FAQ's
Está em: › Familia Sarmiento Valladares

Familia Sarmiento Valladares

Enlace persistente

Visualizador embebido:

EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

1. Área de identificación

1.1 Código de referencia

  • ES.GA.15030.ARG/2.1.2.7.
Localización de la documentación:
  • España-Galicia-A Coruña-A Coruña Icono con lupa

1.2 Título

  • Familia Sarmiento Valladares

1.3 Fechas

Fecha de creación:
  • 1187-09-23 / 1892-09-02. [1187] a 1892

1.4 Nivel de descripción

  • Fondo

1.5 Volumen y soporte de la unidad de descripción

  • 2 Unidade(s) de instalación

2. Área de contexto

2.2 Historia institucional/Reseña biográfica

  • Título concedido por Carlos II o 4 de abril de 1673 (por Real despacho do 6 de xuño de 1673) a Luís Sarmiento de Valladares y Meira, cabaleiro de Santiago e mordomo de Mariana de Austria. Luís era quinto neto de Gregorio de Valladares, señor das casas de Valladares, Saxamonde e Meira, declarado inimigo de Pedro Madruga que morreu a mans do conde de Camiña. No testamento de 1475, Gregorio de Valladares deixara ao seu fillo Pedro (morto sen sucesión) a casa de Valladares; e os coutos de Meira e Saxamonde, á súa filla Teresa de Meira, casada con García Sarmiento el Rojo. Álvaro, fillo de Teresa e García, será o que xunte provisionalmente as casas de Valladares, Meira e Saxamonde. Con Elvira Prego tivo catro fillos; un deles, Gregorio Sarmiento de Valladares, foi señor destas casas. Casou con Mayor Abraldes de Monteser e tivo a Juan, Luís e Gregorio Sarmiento de Valladares. Luís Sarmiento de Valladares, nacido en 1566 en Vigo, casou con Inés de Arines Troncoso e tivo, entre outros, a Diego Sarmiento Valladares, bispo de Oviedo e Plasencia, presidente do Consello Real de Castela e vizconde de Meira por concesión de Carlos II; e Gregorio Sarmiento de Valladares, nacido en Vigo en 1610, cabaleiro da Orde de Santiago e señor da casa de Valladares. Este uniu as casas de Valladares, Saxamonde e Meira cun matrimonio coa súa curmá, Juana Sarmiento de Valladares. Gregorio e Juana foron pais do mencionado I marqués de Valladares, que tamén foi I vizconde de Meira. Coa súa primeira muller tivo unha única filla, Catalina, II marquesa de Valladares, que morreu sen descendencia e foi sucedida pola súa prima Bernarda Dominga, tamén morta sen descendencia, polo que a casa pasou a Benito Alonso Enríquez y Sarmiento de Valladares, nacido en 1700 e bisneto dunha tía carnal do primeiro marqués (Ginebra Sarmiento de Valladares) e, xa que logo, IV marqués. Foi asasinado en Chantada o 18 de xullo de 1757 por un caseiro, aínda que inicialmente foran acusados a marquesa, os seus fillos e xenros, que foron encadeados no castelo de San Antón (A Coruña). O V marqués foi o seu fillo Francisco Javier Enríquez y Sarmiento de Valladares. Sucede o fillo deste, Martín Benito, como VI marqués. A súa filla, María Dolores Enríquez, casou con Francisco Javier Martínez de Arce y Noguerol, e o seu fillo Francisco Javier Martínez de Arce y Enríquez, nacido en 1808 en Ourense, foi o VII marqués de Valladares. Tras o falecemento do VII marqués herdou o título a súa neta primoxénita María de los Milagros de Elduayen y Martínez. O IX marqués foi fillo seu (Fernando Quiñones de León y Elduayen). Morto este en 1918, herdou o título de X marquesa a súa tía María de los Dolores de Elduayen y Martínez, morta sen descendencia. Extinguida a descendencia da primoxénita do VII marqués de Valladares, o título pasou á liña da segunda filla, María Dolores: unha das súas fillas, Joaquina Pérez de Castro y Martínez, foi a XI marquesa de Valladares. O seu fillo, Mariano Pérez y Pérez de Castro, foi o XII marqués de Valladares entre 1951 e 1975; e o seu fillo, Juan Ramón Pérez Blanco, foi o XIII hasta 1979. Sucedeuno Jorge Pérez y Crespo, XIV marqués de Valladares.

2.3 Historia archivística

  • A documentación, propiedade de dona Ximena Eliana Galleguillos Díaz, foi adquirida en 1986 polo Centro Nacional do Tesouro Documental e Bibliográfico para o Arquivo do Reino de Galicia.

2.4 Forma de ingreso

Forma jurídica del ingreso:
  • Compra

3. Área de contenido y estructura

3.1 Alcance y contenido

  • Na súa maioría son documentos relacionados con nomeamentos, grazas e mercedes ou acreditación de servizos. Destaca a de Diego Sarmiento de Valladares, inquisidor xeral.
Clase de documento:
  • Textual

5. Área de documentación asociada

5.2 Existencia y localización de copias

Existencia de copias:
  • Non existen copias
 
  • Logo de OAI-PMH
  • Logo de Linked Open Data
  • Logo de Europeana Data Model
  • Logo de RSS
  • Logo de ARPAD
  • Logo de POCTEP
  • Logo de FEDER

Junta de Galiza

Xunta de Galiza: Informação mantida e publicada em internet pela Secretaria Geral de Cultura

Atención a la ciudadanía

Galiza