Nota biográfica o histórica: Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo nace en Ourense o 5 marzo de 1888. Nos seus anos de escola e instituto vive en Ourense, pasando longas tempadas na casa da aldea de Cima de Vila en Trasalba (Amoeiro Ourense) * (1905) Matricúlase na Universidade de Santiago de Compostela para facer o Curso de ampliación. * (1905) Trasládase a Madrid para estudar na Universidade Central Filosofía e Letras e Dereito, obtendo o título de Doutor en Historia. * (1911) Volve a Ourense coas dúas licenciaturas. * (1914) Intégrase nun grupo de intelectuais fundadores do Ateneo ourensán, onde será tesoureiro. * (1917) Con compañeiros do Ateneo, Risco e Cuevillas, edita La Centuria. No mesmo ano ingresa nas Irmandades da Fala. * (1918) Forma parte da Xeración Nós. * (1919) Aproba as oposicións á cátedra de Xeografía e Historia de ensino medio. O seu primeiro destino é un IEM de Burgos. * (1920) Con destino en Santander coñece a Mª Josefa Bustamante coa que casa en 1923. Comeza unha intensa actividade periodística entre as que caben destacar a revista Nos, La Zarpa, La República, e Heraldo Gallego. * (1921) Volve a Ourense como profesor de ensino medio. * (1923) Incorpórase ao recén fundado Seminario de Estudos Galegos como responsable no eido da xeografía. * (1930) Presidente da Asociación de Escritores Galegos. * (1931) Impulsor do Partido Nacionalista Republicano de Ourense do que será presidente. Sae Deputado polo Partido Galeguista pola provincia de Ourense para as primeiras Cortes Constituíntes republicanas. * (1937-1948) Debido á súa entrega á causa galeguista foi inhabilitidado e separado da cátedra polo réxime franquista. Retírase ao Pazo de Trasalba e conságrase á súa profesión de escritor, converténdose ademáis nun símbolo vivo da resistencia cultural. * (1947) Primeira viaxe a América invitado polo Centro Galego de Buenos Aires, onde dará diversos discursos. * (1948) Reposto de oficio na súa catedra, incorpórase ao Instituto de Ourense tras once anos de inhabilitación. * (1950) Catedrático de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, por unanimidade de votación do Tribunal. * (1950) Funda, xunto con outros membros das Mocidades Galeguistas, a Editorial Galaxia da que será presidente. * (1958) Xubílase da docencia universitaria. * (1959) Regresa a Ourense definitivamente. Fai a segunda viaxe á América convidado outra vez polo Centro Galego de Buenos Aires. * (1962) Recibe o Premio Galicia da Fundación March. * (1964) Gaña o Premio da Deputación Provincial de Ourense polo seu traballo sobre o Padre Feijóo. * (1975) Na primavera morre a súa esposa, Dona Fita. * (1976) O 10 de abril, morre en Amoeiro no seu Pazo de Trasalba. Foi membro, tamén, das seguintes institucións: Membro de Número da Real Sociedad Geográfica Española, Académico Correspondente da Real Academia Española, Director da Sección de Xeografía do Seminario de Estudos Galegos, Académico de Número da Real Academia Galega, Membro do Patronato do Instituto Padre Sarmiento do CSIC, Académico Correspondente da Real Academia de la Historia, Cronista Oficial da Cidade de Ourense, Membro do Padroado e da Comisión Permanente do Instituto de Estudios Ourensáns Padre Feijóo, Membro do Padrodo do Colexio Universitario de Ourense. Utilizou os seguintes seudónimos e iniciais: Tristán de Montenegro, Luis de Alba, Juan Gallego, Santiago Amaral, Luis Peñanofre, Cerro de los Santos, R.O.P., O.T.
2.3 Historia archivística
Francisco Fernández del Riego se encargou de cumprir a derradeira vontade de Ramón Otero Pedrayo: instalar o seu legado de documentos privados e familiares na Fundación Penzol para que despois de organizados puideran consultalos os investigadores..
2.4 Forma de ingreso
Fuente del ingreso:
Esta documentación ingresou no ano 1977 por legado testamentario de Ramón Otero Pedrayo á Fundación Penzol. Os derradeiros ingresos realizáronse no ano 2005, o 6 de abril e o 13 de outubro, formados por 30 unidades de instalación (caixas de arquivo), con documentos de Otero Pedrayo que aínda se atopaban no Pazo de Trasalba..
3. Área de contenido y estructura
3.1 Alcance y contenido
O fondo documental de Ramón Otero Pedrayo permite coñecer a súa traxectoria vital, profesional e intelectual, así como a vasta e plural obra dun dos máis importantes polígrafos da cultura galega. Ademais, serve de fonte histórica para investigar o ambiente da época, xa que foi un prestixioso coñecedor e intérprete de parte dos séculos XIX e XX galegos. No conxunto do fondo salientan as seguintes series: Obra orixinal (47 unidades de instalación) de gran valor para a investigación da produción literaria e científica oteriana, formada por unha cantidade inxente de autógrafos de Otero Pedrayo (manuscritos ou mecanografados), nalgúns casos aínda inéditos ou xa publicados; Correspondencia, formada por 10.800 unidades documentais; e Fondos especiais, integrada por fotografías propias, alleas, debuxos, etc.
3.4 Organización
A organización inicial e máis completa do Arquivo da Fundación Penzol débese á colaboración desinteresada dos arquiveiros Olga Gallego Domínguez e Pedro López Gómez, ata aproximadamente o ano 1990. Deixaron un inventario manual de boa parte do fondo, no que non estaba incluído o fondo de Ramón OteroPedrayo. Grazas ao Convenio do Programa Labora do 2003 entre o Concello de Vigo e a Xunta de Galicia, as contratadas Fátima López Martínez e Eva María Rodríguez Caeiro, puideron elaborar o catálogo informático da serie Correspondencia, coas cartas disponibles no fondo nese momento. Seguidamente mediante o Convenio asinado entre a Fundación Penzol e a Deputación de Pontevedra (11-xuño-2004), traballou na organización do fondo un equipo formado por dous arquiveiros (durante 18 meses): Isabel Couso Bravo e Jacobo Pérez-Bouzada Vázquez; e por unha filóloga (durante 10 meses) Pilar Vilaboi Freire. Así mesmo, na ordenación da serie Obra orixinal colaborou a filóloga, Concepción Álvarez Pousa (durante 12 meses), contratada do Programa Labora Convenio Xunta-Concello de Vigo. No ano 2011, mediante un convenio coa Fundación Cidade da Cultura, realízase a descrición do material fotográfico. Para a clasificación, organización e ordenación deste arquivo aplicáronse criterios e normas arquivísticas vixentes. Contouse ademáis coa inestimable axuda dos especialistas Dr. Camilo F. Valdeorras (Profesor de filoloxía galega e portuguesa da Universidade de Barcelona) para o apartado de produción científica e literaria; Miguel Pereira Figueroa (Xefe do Servicio de Patrimonio Documental da Deputación Provincial de Pontevedra) e Pablo Sánchez Ferro (Facultativo do Arquivo Histórico-Provincial de Ourense) para o tratamento arquivístico. Existe o seguinte cadro de clasificación: SERIES ORGÁNICAS 1. DOCUMENTOS PERSOAIS 1.1. Correspondencia 1.2. Documentos biográficos 1.3. Documentos identificativos 1.4. Estudos e formación académica 1.5. Asuntos xudiciais 1.6. Documentación médica 1.7. Homenaxes, honores, premios 1.8. Retallos de prensa sobre Ramón Otero Pedrayo 1.9. Notas 2. DOCUMENTOS FAMILIARES 2.1. Bens forais s. XVI 2.2. Bens forais s. XVII 2.3. Bens forais s. XVIII 2.4. Bens forais s. XIX 2.5. Bens forais s. XIX 2.6. Agra, Roque 2.7. Ansoar, Francisco Antonio 2.8. Familia Rañoy 2.9. Otero Rodríguez, Antonio 2.10. Otero Sotelo, Enrique 2.11. Pedrayo, Bernardo María 2.12. Pedrayo Ansoar, Eladia 2.13. Pedrayo Ansoar, Nieves 2.14. Pedrayo Ansoar, Ricardo 2.15. Pedrayo Silva, Ramón 2.16. Sotelo de Puga, Ramona 2.17. Sotelo de Puga, Vicenta 2.18. Sotelo Martínez, José María 2.19. Outros familiares 2.20. Cadro xenealóxico (2005) 3. PATRIMONIO E ADMINISTRACIÓN 3.1. Facturas e recibos 3.2. Bancos 3.3. Impostos 3.4. Libros de contas 3.5. Seguros 3.6. Patrimonio bibliográfico 3.7. Asuntos forais de Ramón Otero Pedrayo 3.8. Contratos 3.9. Seguridade Social, xubilación, pensión 3.10. Mutualidade de catedráticos 3.11. Testamentos 3.12. Outros documentos patrimoniais e administrativos 3.13. Impresos en branco 4. FUNCIÓNS E ACTIVIDADES 4.1. Función docente 4.2. Actividade socio-cultural 4.3. Actividade política 4.4. Actividade editorial 5. OBRA ORIXINAL (AUTÓGRAFOS MANUSCRITOS OU MECANOGRAFADOS) 5.1. Obra en verso 5.1.1. Poemarios (libros) 5.1.2. Poemas soltos 5.2. Obra en prosa 5.2.1. OBRA DE FICCIÓN 5.2.1.1. Narrativa 5.2.1.2. Conto, relato breve 5.2.1.3. Teatro 5.2.1.4. Guións de películas 5.2.1.5. Notas soltas 5.2.2. OBRA NON FICCIONAL 5.2.2.1. Ensaio 5.2.2.2. Discursos e conferencias 5.2.2.3. Obra xornalística 5.2.2.4. Limiares, prólogos 5.3. Traducións 5.3.1. Poesía 5.3.2. Narrativa 5.3.3. Teatro 5.3.4. Obra non ficcional 6. OBRA IMPRESA SERIES FACTICIAS 7. FONDOS ESPECIAIS 7.1. Materiais cartográficos 7.2. Fotografías 7.3. Tarxetas postais 7.4. Estampas 7.5. Debuxos 7.6. Carteis 7.7. Partituras 8. COLECCIÓNS 8.1. Felicitacións de nadal 8.2. Retallos de prensa alleos 8.3. Xantares (menús) 8.4. Bandeirolas 8.5. Calendarios 8.6. Tarxetas de visita 8.7. Participacións 8.8. Tarxetas necrolóxicas 8.9. Invitacións, felicitacións, saúdas 8.10. Selos 8.11. Obxectos persoais 9. DOCUMENTOS ALLEOS 9.1. Informes, certificados 9.2. Documentos persoais 9.3. Asuntos xudiciais, politicos, administrativos 9.4. Obra orixinal
4. Área de condiciones de acceso y utilización
4.5 Instrumentos de descripción
Instrumentos de descripción:
Existen os seguintes instrumentos de descrición: - Cadro de clasificación e inventario xestionados informaticamente. Software utilizado: Filemarker. - Catálogo e índice da serie Correspondencia (Access) - Cadro xenealóxico da familia de Ramón Otero Pedrayo. - GALLEGO DOMÍNGUEZ, OLGA e LÓPEZ GÓMEZ, PEDRO. Guía das Coleccións bibliográficas e documentais da Fundación Penzol. Vigo: Fundación Penzol, 1980. .
5. Área de documentación asociada
5.3 Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas:
No arquivo da Fundación Pedro Barrié de la Maza (A Coruña), Fondo Domingo García Sabell, consérvase documentación de e sobre Ramón Otero Pedrayo que aínda está pendente de organización. Tamén existen documentos relacionados con Otero e da súa autoría no arquivo Francisco Fernández del Riego na Casa Galega da Cultura de Vigo e nos fondos Xerais e Xosé Filgueira Valverde do Arquivo do Museo de Pontevedra..