O termo municipal de Ribadeo ocupa a parte occidental da ría de Ribadeo, ten una extensión de 106 km², a cifra de poboación no ano 2016 segundo os datos do INE era de 9.972 habitantes repartidos nas parroquias de A Devesa (Santalla), Arante (San Pedro), Cedofeita (Santa María Madanela), Couxela (Santiago), Covelas (San Vicente), Ove (San Xoán), Piñeira (San Xoán), Ribadeo (Santa María), Rinlo (San Pedro), Santalla de Vilausende (Santalla), Vilaframil (San Lourenzo) e Vilaselán (Santa María).
Non se dispón dunha historia actualizada da vila de Ribadeo, existen estudos elaborados por eruditos locais como Fernando Méndez San Julián e Francisco Lanza Álvarez.
Fernando López Alsina, no seu estudo sobre os núcleos urbanos do Cantábrico, indica que en torno ao ano 1128 Alfonso VII acomete un reordenamento territorial que consiste en ampliar as terras de realengo a costa das do bispo de Mondoñedo, no
2011 atopouse no Arquivo Histórico Nacional o documento mais antigo que fai referencia á vila de Ribadeo con data do 1177.
Pero é en 1181 cando Fernando II eleva a rango de Vila o núcleo de poboación ao outorgar unha “carta puebla” nos que figuraba, entre outros privilexios, o de celebrar mercado, polo que se considera esta data como a de creación do concello.
Inicialmente a vila dependía do rei, o paso á dependencia señorial produciuse no
1369 cando Enrique de Trastámara otorga a vila e o alfoz de Ribadeo, coas súas rendas e dereitos, ao cabaleiro Pierre de Villaines como premio polos servizos prestados na guerra que enfrontara a Enrique con Pedro I de Castela. O beneficiario do señorío vendeuno ao Condestable de Castela ao que llo confiscou Juan II no 1422 para doalo dez anos máis tarde a Rodrigo de Villadrando; as alianzas matrimoniais e outros feitos familiares levaron ao condado baixo o señorío dos duques de Híjar, polo xeral os señores estiveran ausentes da vila permitindo que foran as elites locais as que manexasen os asuntos cotiás.
OBRADOIROS DE EMPREGO DE GALICIA
Na idade moderna e baixo o dominio dos condes (situación que se mantén ata o comezo do século XIX) o condado está integrado na provincia de Mondoñedo (comezos século XVI a 1834), unha das sete que integraban o Reino de Galicia, as elites locais mantiveron con estas dúas autoridades un permanente conflito de necesidade - desconformidade.
A economía baséase no comercio naval Atlántico e coas lndias, coa exportación de madeira como elemento principal, a emigración e a construción naval en menor medida, neste período a vila mantívose como núcleo comercial, pero ruralizado (as familias mantiñan animais para o seu consumo). Na década de 1770 un novo tipo de comercio sumarase á actividade económica coa autorización para a importación directa e con desgravacións de liño e cáñamo dende o Báltico, o que supón unha reactivación da vida da vila favorecida polo aumento da lista de produtos importados. O porto de Ribadeo convértese no cuarto en importancia de Galicia a fines do s. XVIII. O comercio mantense como a actividade primordial da vila.
Historia archivística
.Tres aspectos destacan negativamente: a carencia de persoal técnico encargado do arquivo, salvo dun xeito breve e esporádico; as vicisitudes históricas e os cambios de situación.
O Arquivo ubícase no faiado do Pazo Municipal a partir de 1945, procedente da anterior Casa Consistorial, situada na Praza de Abaixo. No ano 1981, cando o antigo pazo de Ibáñez foi totalmente reconstruído, os fondos pasaron ao soto da Torre dos Moreno. Ao regreso, a documentación foi amoreada de calquera xeito e ata 1991, aproveitando unha oferta da administración, non se contratou unha especialista en arquivística, cuxo convenio prorrogou o Concello á súa conta temporalmente. Foi a primeira vez que mans profesionais procederon a unha inicial ordenación dos fondos.
Durante os últimos tres anos, os Obradoiros de emprego “Ribadeo no Camiño”, “DOC TIC I” “DOC TIC II” e na actualidade “ DOC TIC III” están a realizar a organización e dixitalización dos fondos do arquivo administrativo e histórico municipal.
Entre as súas funcións están a informatización das antigas fichas descritivas, a reordenación e actualización da clasificación do fondo depositado no arquivo histórico e a ordenación, descrición e clasificación da documentación depositada no arquivo administrativo así como a dixitalización dos libros de actas, planimetría histórica e documentos que por antigüidade, interese da información que aportan, formato e estado de conservación se considerou apropiado para garantir a preservación e facilitar a súa consulta.
Alcance e conteúdo
Inclúe medidas sanitarias adoutadas relativas ás actuacións en caso de epidemias e sobre a composición e reparación de camiños
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre como norma xeral dado que se trata de documentación pública, pero a limitación de persoal responsable do arquivo e/ou o estado de conservación da documentación impoñen restricións
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Suxeito ás taxas e prezos públicos que para a reprodución de documentos teña fixado o Concello.