Nace o 17 de maio de 1833 no lugar de Froxel, no concello de Arteixo, na Coruña. Estuda en Santiago o bachalerato en Filosofía que remata en 1851. Neste mesmo ano marcha a Madrid para estudar Farmacia, estudos que abandona para centrarse na historia e cultura galega. Casa en 1858 con Rosalía de Castro coa que terá 7 fillos. No ano 1859 o matrimonio abandona Madrid e pasa a vivir en Santiago onde dirixe "El diario de la Coruña". En 1865 publica as primeiras entregas da "Historia de Galicia" onde expón as súa teoría sobre a identidade galega. En 1868 ingresa no Corpo de Arquiveiros e obtén destino en Simancas onde permanecerá dous anos, pasando en 1870 ao Arquivo Xeral de Galicia. No ano 1879 marcha de novo a Madrid onde dirixe as revistas "La Ilustración Gallega y Asturiana" e algo máis tarde "La Ilustración Cantabrica". No ano 1894 chega de volta a A Coruña, o seu derradeiro destino. Xubílase en 1905, pero non queda inactivo. No ano 1906 é nomeado presidente vitalicio da Real Academia Galega e no ano 1913 publica o tomo V da Historia de Galicia. Morre na Coruña en 1923.
Historia archivística
Gala Murguía, a filla pequena de M. Murguía, deixa en disposición testamentaria os papeis do seu pai á RAG, onde permanecen dende o ano 1964. A documentación queda na maleta na que foi trasladada até o ano 1994 en que Antonio Gil Merino fai un pequeno inventario das 16 caixas que compoñen o fondo e o instala no despacho do bibliotecario. No ano 1998, X. L. Axeitos Agrelo reorganiza, instala e ordena o fondo; primeiro nun despacho do 4º andar e máis tarde, sendo xa académico, o traslada ao 2º piso onde permanece até abril de 2013. Durante estes anos se lle xunta documentación allea: parte dela existente na Academia e outra de nova adquisición. No ano 2013, é da man de Ricardo Axeitos que a recolle do despacho do secretario, ingresa a documentación no depósito do Arquivo.
Alcance e conteúdo
Plano enteiro de Gala Murguía de pé diante da tumba de Rosalía de Castro, no Panteón dos Galegos Ilustres, na igrexa do mosteiro de San Domingo de Bonaval. Apoia a man dereita sobre a lousa, encol da que hai numerosas coroas e ramos de flores. Asinada no anverso e no reverso pola retratada.
Clase de documento:
Iconográfico
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional de la copia: L-9-19
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: 2640
Notas
Nota general
Para a datación das fotografías, naqueles casos correpondentes a obras de fotógrafos galegos, empregouse o Banco de Documentación de Fotógrafos de Galicia "Almacéns do tempo", obra de Xosé Vijande: http://www.almacensdotempo.com/ (data de última consulta, 09/03/2010]