Augas de Galicia é unha entidade pública e empresarial da Xunta de Galicia, adscrita á consellería compentente en materia de augas, que se rixe polo decreto 32/2012 e exerce as súas funcións de acordo cos principios xerais establecidos na Lei 9/2010 de augas de Galicia. Ata ese momento estaba formada polo organismo autónomo Augas de Galicia e a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos creados na Lei 8/1993 reguladora da Administración Hidráulica de Galicia, ainda que o seu funcionamento comeza no ano 1996 co decreto 108/1996 no que se aproba o seu regulamento.
Na actualidade ten como competencias a administración única e ordinaria da política de augas en Galicia(descontando a que lles corresponda nas concas intercomunitarias aos órganos do Estado), as competencias xerais que no ámbito das augas e as obras hidráulicas se establecen no título I, e engadindo as competencias propias da política de abastecemento e de saneamento, así como a intervención na planificación territorial e urbanística que lle corresponde á Administración da Comunidade Autónoma. Así mesmo ten tamén competencias en materia des verteduras.
Canto á súa organización, o seus órganos de goberno son a presidencia, o consello de administración e a dirección, e como órgano de participación o Consello para o Uso Sustentable da Auga. A presidencia será desempeñada pola persoa titular da consellaría competente en materia de augas. O consello de administración é, ademais dun órgano de goberno, aquel no que se fai visible unha participación das persoas usuarias e das entidades locais. E a dirección é órgano de goberno e ordinario de execución das funcións administrativas de Augas de Galicia. Por outra banda, o Consello para o Uso Sustentable da Auga é o órgano de participación das distintas entidades públicas e privadas con competencias e intereses vinculados á auga así como dos cidadáns e das cidadás de Galicia. Desenvolve as súas actividades fundamentais no
ámbito da planificación hidrolóxica e, en xeral, ten recoñecidas facultades informativas e de proposta.
4. Área de control
4.1 Identificador del registro:
ADGA20170017035
4.4 Estado de elaboración:
Borrador
4.5 Nivel de detalle:
Básico
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia