Manuel Curros Nogueira, o seu verdeiro nome, nace o 15 de setembro de 1851 en Celanova (Ourense) e morre na Habana o 7 de marzo de 1908 Fillo do escribano José María Curros Vázquez (1800-1888) e de Petra Nogueira Enríquez (1814-1880). Irmáns: Urbano Curros Rodríguez (1847-?), Teresa de Curros Nogueiras (1848-1876), Pedro Urbano Curros Rodríguez (1850-?), Eugenio Elías Curros Nogueiras (1855-?), Adolfo Curros Nogueiras (1856-?), Sofía Amalia Curros Nogueiras (1861-?), Elena Curros Nogueiras (1861-?), Antonio Curros Nogueiras (?-1871), Laureana Curros Nogueiras (1845-1878). En 1866 abandona a casa paterna e marcha a Madrid onde cursa estudios de bacharelato e dereito. Casa en Madrid en 1871 con Modesta Vázquez. En 1873 ingresa como redactor na Gaceta de Madrid. De 1875 a 1876 é cronista da guerra carlista no norte de España para El Imparcial. En 1877 obtén un premio nun certame poético en Ourense, onde se instala para traballar na Delegación de Facenda. En 1883 regresa a Madrid. Despois de abandonar muller e fillos, emigra a Cuba en 1894. Na Habana dedicarase ao periodismo fundando La Tierra Gallega en 1896. En 1904 realiza un viaxe á Coruña, onde recibe unha coroa poética. En Cuba entra en contacto ca activa colonia galega da illa. Será o primeiro presidente da Asociación Iniciadora e Protectora da Real Academia Galega. Despoís da súa morte na capital cubana, o seu corpo é repatriado para recibir sepultura na Coruña en abril de 1908.
Historia archivística
Descoñecida.
Alcance y contenido
Retrato de estudio. Plano medio curto de Manuel Curros Enríquez, en posición frontal, virado a esquerda Dedicatoria no reverso: "A mi querido hermano Ysidoro Emilio Rico y á sus hijas, mis adorables sobrinas. Su afectísimo Manolo. 1º Abril 1894".
Clase de documento:
Iconográfico
Condiciones de acceso
Características físicas
Estado de conservación:
Malo
Descripción del estado de conservación:
Esvaída. Con manchas. Restos de cinta adhesiva sobre a emulsión.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional de la copia: M-3-24
DV-D-90