O mosteiro de Santa María de Carracedo en León foi fundado polo rei Bermudo II cara ao ano 990 para procurarlles refuxio aos monxes fronte aos ataques dos musulmáns dirixidos por Almanzor. O monarca cedeu uns terreos para que os bieitos fundasen un mosteiro baixo a advocación de San Salvador. No ano 997 o cenobio foi destruído por Almanzor e abandonouse ata o século XII. Daquela, no ano 1138, a infanta-raíña Sancha Raimúndez, irmá de Afonso VII o Emperador, dispuxo a restauración do mosteiro con frades procedentes do cenobio de Santa María de Valverde. As longas estadas da infanta no mosteiro convertérono en pazo real. Obtivo numerosos privilexios e doazóns reais e chegou a exercer a xurisdición sobre varios mosteiros bieitos de León, Asturias, Galicia e Zamora. Cara ao ano 1203 pasou a depender da orde do Císter e mudou a súa advocación pola de Santa María. Abandonado e destruído tras a Desamortización do século XIX, parte del foi restaurado.
Historia arquivística
Os fondos dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña ingresaron no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permanecera en dependencias públicas, incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia, e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.
Alcance e contido
Clase de documento:
Textual
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia