É fundado en cumprimento do testamento do presbítero Antonio González de Sosa, aberto o 12 de xaneiro de 1558. Nel vincula os seus bens á primeira das dúas ordes relixiosas, San Domingos ou Santo Agostiño, que establecer comunidade na vila. A doazón foi aceptada polo prior de Bonaval, o pai Chaves, ratificada en febreiro de 1558 polo vigairo provincial de España e finalmente polos capítulos provinciais de 1559 e 1573 (algúns autores sitúan a fundación no ano 1551).
A construción iníciase coa axuda económica das dominicas de Belvís.
A principios do XVII non pasaba da categoría de vigairía ou casa pequena, polo reducido número de relixiosos. Pero cara a 1615 foi elevado ao rango de priorado, para o cal requiría contar con doce freires como mínimo.
Segue a medrar grazas á protección e ás fundacións pías das principais familias de Betanzos no século XVII e XVIII sobre todo (os Acevedo, Sanjurjo, ou Baltasar de Ulloa y Seijas, que a finais do século XVII funda o padroado, e os seus sucesores, os condes de Taboada).
Historia arquivística
O fondo chegou mesturado coa documentación dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña, que ingresou no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permanecera en dependencias públicas incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.
Alcance e contido
Este fondo só conta coa sección de Documentación patrimonial
Clase de documento:
Textual
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia