O convento de San Domingos de Ribadavia fundárono a finais do século XIII os discípulos de frei Pedro González, representante da orde de San Domingos na comarca do Avia. Foi un dos primeiros templos dominicos que se estableceron en territorio galego. A súa primitiva advocación foi a de Santa María de Valparaíso e ata o século XIV o convento non aparece documentado como San Domingos de Ribadavia.
A súa construción rematou a finais do século XV, cando os dominicos obteñen dos Reis Católicos os materiais do castelo da Mota. San Domingos recibiu importantes doazóns dos fieis, principalmente para enterramentos e oficios litúrxicos, e coñeceu épocas de esplendor co patrocinio dos Sarmiento, condes de Ribadavia. Neste convento impartíronse as cátedras de Teoloxía Moral e Gramática. Trala Desamortización do século XIX pasou a mans de particulares e do concello coñecendo distintos usos. En 1903 a súa igrexa converteuse en parroquial.
Historia arquivística
O fondo chegou mesturado coa documentación dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña, que ingresou no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permanecera en dependencias públicas incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.
Alcance e contido
Este fondo só conta cunha sección "Documentación patrimonial"
Clase de documento:
Textual
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia