Delegación Provincial do Instituto Nacional de Estatística de Pontevedra
Data de creación
1970-01-01 / 1983-12-31. 1970 a 1983
Nivel de descrición
Fondo
Volume e soporte da unidade de descrición
2678 Unidade(s) de instalación
Historia e alcance
Historia institucional/Reseña biográfica
O Instituto Nacional de Estatística créase pola Lei do 31 de decembro de 1945, adscrito á Presidencia do Gobierno, para recoller e procesar os datos estatísticos, a formación de censos de poboación, edificios, vivendas,... Polo Decreto do 2 de febreiro de 1948 organízanse os servicios centrais e as Delegacións Provinciais.
Coa Lei 12/1989 do 9 de maio pasa a ser un organismo autónomo de carácter administrativo adscrito ó Ministerio de Economía e Facenda.
Historia arquivística
A Delegación Provincial de Estatística envía o 24 de novembro de 1980 ó Arquivo a documentación do "Censo Xeneral de Poboación e Vivenda" do ano 1970; vinte días máis tarde remite a documentación da Delegación de Estatística de Vigo.
O 13 de outubro de 1987 a Delegación Provincial manda o "Censo de poboación" de 1981; "altas e baixas no censo electoral"; "rueiro",...
Alcance e contido
A meirande parte da documentación correspóndese cos "censos de poboación e vivenda" de 1970 e 1981. O resto da documentación corresponde ó censo electoral ("altas e baixas"; "renovación",...).
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre agás as restricións contempadas no art. 57.1. c) da Lei 16 /1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
Limítase a reprodución dos documentos que se atopan en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Existen copias Información adicional da copia: Arquivo do Instituto Nacional de Estatística. Nos concellos existen copias dos censos electorais.
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: A información que contén o censo de poboación correspóndese co padrón municipal de habitantes dos concellos da provincia.
Notas
Nota xeral
Esta documentación atópase en caixas de embalaxe co número das carpetas no exterior.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia