Tradicionalmente, sinálase como data de creación oficial do Tribunal o 3 de agosto de 1480, pero, en realidade, o que podemos fixar entonces é o inicio dun proceso gradual que, en palabras do profesor Eiras Roel, "se formaliza en 1494 con la regulación del tribunal según los procedimientos ordinarios del Derecho de la época y se reconoce oficialmente como Audiencia real hacia 1514". Conformada como tal a principios do século XVI, a Real Audiencia irá perfilando a súa estructura orgánica e competencias como tribunal de xustiza e órgano de goberno do Reino por sucesivas ordenanzas (impresas por primeira vez en 1679, na Coruña, na imprenta de Antonio Frayz). Nesta época, está presidida por un Gobernador-Capitán Xeneral e se organiza en dúas Salas, con competencia en asuntos civís e criminais. Cada unha delas conta con 4 alcaldes maiores e ten asignadas dúas escribanías de asento (a Sala Primeira, Gómez e Pillado, a Segunda, Fariña e Figueroa). En outubro de 1760 créase a Sala do Criminal e dótase de 3 alcaldes maiores e dúas es cribanías (Taboada e Valado) Entre 1566 e 1587 o Gobernador é substituído por un Rexente. Suprimida esta figura na última data indicada, restitúese no ano 1726, pero esta vez para coexistir coa de Gobernador. Gobernador/Rexente e Alcaldes Maiores conformaban o Real Aco rdo, o órgano de Goberno da Audiencia. Como noutros tribunais do Antigo Réxime, funcionaban anexos á Real Audiencia pe quenos xulgados. Entre eles, coñecemos hoxe, pola documentación conservada, o Xulgado de Provincia e o Xulgado da Protectoría do Voto do Apóstolo Santiago. Como tribunal real con xurisdicción en todo o territorio de Galicia, as competencias da Real Audiencia incluían o coñecemento en 1ª instancia no termo da súa residencia e en cinco legoas á redonda (que serán 8 a partir da creación do Xulg ado de Provincia en 1760) así coma nos casos de Corte. En apelación, a Audiencia coñecía das de tódolos procesos civís, criminais e de goberno das xustizas do reino e das sentencias dictadas polos seus xuíces no espacio das cinco legoas. As sentencias da Real Audiencia eran apelables diante da Chancelería de Valladolid. Nos preitos civís, o límite, fixado inicialmente en 10.000 maravedís, eléva se progresivamente, ata acadar 1.000 ducados de ouro en 1580. No criminal, aínda que nun principio podía apelarse das sentencias de mutilación de membros ou desterro de dez anos en adiante, finalmente se restrinxíu a apelación ós casos de pena de morte. Contaba ademais a Audiencia de Galicia, a traveso do Real Acordo, con amplas facultades en materia gubernativa en todo o Reino. O Decreto de 26 de xaneiro de 1834, que crea novas audiencias, establece o territorio de cada unha e sinala a igualdade en autoridade e facultades de todas elas, inaugura un proceso de cambio radical do réxime xurídico destes tribunais en consonancia co resto das normas que por estes anos contribuiron a liquida- lo Antigo Réxime. En consecuencia, téndese a fixar tradicionalmente nesta data o fin da existencia da antiga Real Audiencia de Galicia.
Historia archivística
Ata o momento da creación do Arquivo do Reino de Galicia, no ano 1775, do q ue constitíu o núcleo fundador, o fondo documental da Real Audiencia se custodi o u en diferentes lugares. Así, sobre cada escribanía de asento recaía a respons ab ilidade inicial da custodia das series documentais producto das súas actividades, mentre s que por diversos testemuños coñecemos que xa en datas temperás existía un loc a l, que funcionaría como arquivo central do organismo, no convento de Santo Dom in go da Coruña, onde sufriría os efectos da ocupación e queima do convento por parte do exército inglés durante o sitio de 1589. Noutros momentos, o fondo documental ou fra ccións do mesmo gardáronse en difere ntes institucións coruñesas, como o Convento de San Francisco, o Hospital do Bon Suceso ou, tamén, nas propias casas dos escribáns. Nuns e noutros locais, as co ndicións de conservación non eran sempre as máis axe itadas, tal e como poñen de manifesto a lgúns testemuños que se refiren a algún d estes como"bódega húmeda y mal acondic onada".
Alcance y contenido
En relación co desenvolvemento da función xudicial da Audiencia, atopamos no fondo dúas grandes series documentais, a de preitos civís e a de causas criminais. Outras series identificadas son as de expedientes de apeos, expedientes d e visitas de escribáns, executorias, pedimentos, protocolos notariais e sentencias. Outras series, características tamén da súa función xudicial, ou a cabalo entre esta e a de goberno, resultado en moitos casos da execución de procedementos concretos propios deste tribunal, están a ser identificadas como tales. Así: autos ordinarios, expedientes de provisións ordinarias, expedientes de vía de forza, simples querelas, demandas de graciosa ou preitos de misión en posesión de bens de vínculo e morgado .
Forman seccións aparte os documentos procedentes do Xulgado de Provincia e do Xulgado da Protectoría do Voto do Apóstolo Santiago. Dado o carácter e as competencias da institución que o xerou, o fondo reúne información sobre un amplísimo abano de aspectos da vida dos homes de Galicia durante o Antigo Réxime.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre. Consulta limitada para aqueles documentos que se achen en mal estado de conservación
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: o Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia; a Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Albalaes
Características físicas
Descripción del estado de conservación:
Unha parte do fondo áchase en mal estado debido
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota general
1. Volume do fondo: Debe terse en conta que os fondos da Real Audiencia de Galicia e da Audiencia Territorial da Coruña permanecen físicamente unidos 2 . Historia institucional: Recopilacións legais e tratados de dereito: - AUTOS Acordados antiguos y modernos del Consejo que salen a la luz distribuido s en dos partes, siendo su gobernador el excmo. Señor D. Luis Félix de Mirabal y Espínol a. Madrid : Juan de Aritzia, 1727 - COLECCIÓN de todas las Pragmáticas, Cédu las, Provisiones, Circulares, Autos A cordados, Vandos y otras providencias publicadas en el actual reinado del señor D. Carlos IV. Madrid : Vda. E hijo de Marín, T.I . 1794 ; T. II, 1797; T.III, 18 01 - Curia forense y eclesiástica: maneras de sustanziar pleitos ordinarios y sumar ios en la Real Audiencia de Galicia. S.l., s.a., Ms. 1 47 da Biblioteca Xeral da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela
- HERBELLA DE PUGA, Ber nardo. Derecho práctico i estilos de la Real Audiencia d e Galicia. En Santiago : En la Imprenta de Ignacio Aguayo, año de 1768 2ª ed. Anotada, San tiago : Imprenta de la viuda e hijos de Compañel, 1844 3ª ed.: La Coruña : C olegio Provincial de Abogados ; La Voz de Galicia, 1975 - NOVÍSIMA Recopilac ión de las Leyes de España. Madrid : Imprenta de la Publici dad, a cargo de D.M. Rivadeneira , 1850 - ORDENANZAS de la Real Audiencia del Reyno de Galicia. Impressas en la ciudad d e La Coruña : Por Antonio Frayz, año de 1679 - ORDENANZAS de la R eal Audiencia del Reyno de Galicia. Impressas en la ciudad de La Coruña : Por Antonio Frayz, año de 1679. Ed. Facs.- La Coruña : Banco Central, 1974 - PAZ DE QUIÑON ES, Álvaro. Pro Decreto Ordinario Gallego : Vulgo Auto Ordinario : Allegatio iur is. Santiago, 1608 - RECOPILACIÓN de las leyes destos reynos hecha por mandado de la Mages tad Cató lica del Rey don Felipe Segundo, nuestro señor que se ha mandado imprimi r : con las leyes que después de la última impresión se han publicado, por la Ma gestad Católica del Rey don Felipe Quarto el Grande, nuestro Señor. [5ª ed.]. Madrid : Catalina de B arrio y Angulo y Diego Díaz de la Carrera, 1640. (Existen 10 edició ns entre 156 9 e 1777) - SÁNCHEZ, Santos. Extracto puntual de todas las Pragm áticas, Cédulas, Provisio nes y Autos Acordados publicados y expedidos por regla general en el reinado del señor Carlos III. Madrid : Vda. E hijo de Marín, 1792-1993, 3 vols. - SANTAYANA Y BUSTILLO, Lorenzo de. Los Magistrados y Tribunales de Es paña. Su origen, instituto y jurisdicción, conocimiento, y Gobierno. Zaragoza : Joseph Fo rt, 1751, 2 vols. - VILLADIEGO Y VASCUÑADA, Alonso de. Instrucción política y práctica judicial co nforme al estilo de los Consejos, Audiencias y Tribunales de Corte y otros ordin arios del Reyno. Madrid : Melchor Sánchez, 1656 3. Bibliografía: Dado o carácter desta publicación, pareceunos conveniente cingu ir unicamente a r ecopilación bibliográfica a este aspecto, pospoñendo a present ación dunha relaci ón máis exhaustiva para unha futura edición da Guía do Arquiv o.