Suscríbase a esta fuente

Aviso sobre a apertura ao público dos centros do Sistema de Arquivos da Xunta de Galicia

Escrito el 05-05-2020

De conformidade co establecido na Orde SND/388/2020, do 3 de maio, pola que se establecen as condicións de apertura ao público de determinados comercios e servizos, e a apertura dos arquivos, así como para a práctica do deporte profesional e federado, a partir do día 4 de maio de 2020 e ata nova orde, os arquivos que forman parte do Sistema de Arquivos da Xunta de Galicia prestarán os seus servizos, con carácter xeral, de forma telemática.

[Seguir lendo]

Novo documento dispoñible: Livro da montaría de João I de Portugal

Escrito el 08-07-2019

Pode consultarse en liña este tratado de caza do século XV, redactado na corte do rei portugués. Consérvanse 10 bifolios, 11 folios e 4 fragmentos, que corresponden aproximadamente á unha cuarta parte da obra. Estes pergameos, que inicialmente servían de encadernación de protocolos notariais, foron identificados e posteriormente restaurados no Arquivo Histórico Provincial de Lugo.

Novos documentos dispoñibles: Libros copiadores de cartas da Casa de banca e comercio Bengoechea

Escrito el 25-06-2018

Dende xuño de 2018 pódense consultar en liña os Libros copiadores de cartas da Casa de banca e comercio Bengoechea. Trátase dun conxunto de 181 libros auxiliares desta empresa nos que se asentaron copias das cartas remitidas polos correspondentes repartidos en diferentes países entre os anos 1823 e 1927.

Comezou o proxecto de dixitalización do programa Geoarpad

Escrito el 10-04-2018

O programa GEOARPAD de colaboración transfrontieriza Galicia-Norte de Portugal inclúe entre as súas actividades a dixitalización e difusión de patrimonio documental da Eurorexión. Nos arquivos galegos se dixitalizarán, os expedientes do Catastro do Marqués da Ensenada das catro provincias galegas para facelos accesibles a toda a cidadanía.

O catastro parcelario de rústica dos anos 50 da provincia da Coruña

Escrito el 10-04-2018

Pódese consultar xa gran parte da información dos anos da década de 1950 relacionada co Catastro parcelario de rústica correspondente á provincia da Coruña. O número total de fotografías que inclúe o fondo documental da Xerencia Rexional do Catastro é de 25.041 e 2.672 planos.