No verso, dúas signaturas de diferentes épocas: nº 89 e nº 10
Título
Martín Pérez, chamado Garzón, vende a Pedro Calvo, monxe de Santa María de Monfero, unha herdade chamada de Guistrimir en San Clemente, na ribeira do río Lambre, por trinta e oito soldos e medio de prezo
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance y contenido
Copia posterior (letra carolina que ten xa rasgos gotizantes)