Foi fundado polos condes de Présaras, Hermenegildo e Paterna, no ano 952, co carácter de cenobio familiar e dúplice. As doazóns, moitas delas reais, fan que a comezos do século XI o seu patrimonio ocupe unha extensa área xeográfica (entre a costa norte de Galicia e o norte de Portugal). Isto complétase coa concesión polos reis do exercicio do poder público, primeiro dentro do condado de Présaras e logo nos de Narla, Parga, Meira e Nendos. Na segunda metade do século XI entra en decadencia ata que no ano 1118 Alfonso VII e dona Urraca o devolven á familia dos seus antigos posuidores, daquela condes de Traba. Esta etapa culmina co establecemento dunha comunidade de monxes cistercienses en 1142, achegada a Clairvaux e baixo a protección de Afonso VII. Converterase nun dos cenobios máis importantes de Galicia ata que os decretos desamortizadores de 1835-36 obrigan á exclaustración dos monxes e levan á nacionalización dos seus bens e rendas, que pasan ás mans de numerosos compradores a través das poxas.
Historia archivística
Os fondos dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña ingresaron no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permanecera en dependencias públicas, incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia, e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.
Alcance y contenido
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Titular de los derechos:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal, xestionada pola Xunta de Galicia. Ao seren depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. Así, pasan a gozar do réxime de protección que as devanditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Normativa de aplicación:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia