Parroquia que comeza a súa andadura no ano 935 como mosteiro beneditino feminino. Ao longo do século XII recibe importantes doazóns de terras, pero no transcurso do XIII vai esmorecendo ata desaparecer a súa comunidade a mediados no século XIV; así, en 1391 xa aparece un cura reitor á súa fronte. No ano 1542 este cura xa se denomina abade, seguramente porque antigamente esta igrexa formara parte dunha abadía, aínda que pola documentación e fontes consultadas, non deixaba de ser unha parroquia. Parroquia que nalgún momento pasou ás mans da orde de San Domingos, como se reflicte na Real carta de disgregación de 1579 pola que pasan á Coroa a parroquia e as súas aldeas de Bouzas, Couzadas, Somoza e Baldrei, coa súa xurisdición civil criminal, alta e baixa, mero e mixto imperio coas rendas de penas de cámara e sangue legais e arbitrais, lutuosas e bens sen dono, e todas as rendas señoriais correspondentes. No Privilexio real do 18 de agosto de 1584, Felipe II compensa a parroquia coas rendas decimais, dereituras e as indemnizacións correspondentes a esas rendas perdidas durante cinco anos e tamén lle asigna unha renda anual de 8.782 marabedís e medio de xuro perpetuo sobre a alcabala da cidade de Ourense. No século XVII continúa posuíndo unha boa cantidade de rendas.
Historia archivística
Fondo que chegou mesturado cos fondos dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña que ingresaron no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permaneceu en dependencias públicas, incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.
Alcance y contenido
Conta cunha soa sección: Documentación patrimonial
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Titular de los derechos:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal, xestionada pola Xunta de Galicia. Ao seren depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. Así, pasan a gozar do réxime de protección que as devanditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Normativa de aplicación:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
No Arquivo do Reino de Galicia existen 12 preitos sobre a abadía de Asadur ou a súa xurisdicción, só se indica o empregado como fonte na descrición do fondo
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia