O mosteiro de Santa María de Villanueva de Oscos, na provincia de Asturias, foi fundado polo rei Afonso VII en 1137 co fin de repoboar esas terras. Comeza seguindo a regra de San Bieito, pero no ano 1162 ingresa na familia cisterciense. A súa época de maior esplendor abrangue os séculos XII-XIV; a finais do século XV a súa decadencia é total e en 1511 incorpórase á Congregación Cisterciense de Castela, comezando así unha nova etapa de puxanza que sería interrompida pola chegada dos franceses, que o converteron nun hospital, e polas posteriores desamortizacións de 1820 e 1835, sendo esta última a que o pechou definitivamente.
Historia archivística
Os fondos dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña ingresaron no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permanecera en dependencias públicas, incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia, e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.
Alcance y contenido
Clase de documento:
Textual
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia