No verso, dúas referencias diferentes épocas: nº 19 e nº 7
Título
Rodrigo Muñiz e Urraca Froilaz, a súa muller, doan ao mosteiro de Santa María de Monfero a porción íntegra que posúen no casal de Froila Teulfiz, en San Tirso de Ambroa, e os seus bens en Lavandeira, mentres Suero Bermúdez doa unha herdade cerca de Santa María de Lemos
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e conteúdo
Neste soporte cópianse dous documentos de datas distintas. A segunda doazón, a de Suero Bermúdez, é de 1 de outubro de 1167.
Descoñécese a data da copia, pero a escritura carolina empregada ten xa rasgos gotizantes, polo que sería en todo caso de finais do século XIII en adiante
Condiciones de acceso
Lengua:
Latin
Escritura:
Carolina
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Pergameo
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Véxase o documento con signatura 69
Notas
Nota general
No dorso do documento, entre outras anotacións: "Aquí se hace mención de la ...de la Lavandeira, que es término donde está fundada la ermita de San Nicolás de Carantoña, la cual ermita debió de fundar el monasterio después que edificó allí casa y granja para que el religioso que sistiese en ella hubiese donde decir misa"