Oficio do Servizo Aeronáutico da Zona de León para o xefe do posto local proncipal de Antiaeronáutica da Coruña sobre a estación de vixía de Estaca de Bares
Xa o Decreto de 1958, sobre atribucións e deberes dos gobernadores civís, incide sobre as competencias que ten o gobernador sobre a Administración central periférica e outros órganos de carácter provincial. Así, entre estas atribucións indica as de impulsar, fiscalizar e orientar os servizos e órganos da Administración central civil. Regula tamén este decreto a Comisión Provincial de Servizos Técnicos.
Coa entrada en vigor da Orde do 24 de xullo de 1961, estrutúrase esta subsección: depende organicamente da Sección de Coordinación e Relacións Públicas, como negociado a través do cal o Goberno Civil realiza basicamente unha función de impulso e coordinación da actividade desenvolvida polos distintos organismos ou xefaturas de servizos do Estado na provincia. Neste negociado intégranse as delegacións dos diferentes ministerios, así como a Secretaría da Comisión Provincial de Servizos Técnicos e Comisións Delegadas, a Oficina Administrativa do Xurado Provincial de Expropiación e os Servizos de Urxencia .
A Orde do 13 de decembro de 1977, de desenvolvemento do Real decreto 2669/1977, integra Relacións Interministeriais e Coordinación Provincial como un dos negociados dependentes do Gabinete Técnico. A Constitución de 1978 supón o nacemento do Estado das autonomías; os gobernos civís adáptanse á nova situación e incorporan as relacións coa Administración autonómica ás súas funcións, especialmente desde 1982.
Finalmente o Real decreto 1801/1981, do 24 de xullo, de reforma da Administración periférica do Estado, establece como unidades dependentes da superior autoridade do gobernador civil as direccións provinciais departamentais, que dependerán orgánica e funcionalmente dos respectivos ministerios.
No Real decreto 1223 /1983, de medidas de reorganización das direccións provinciais departamentais para a adaptación da Administración periférica ao Estado das autonomías, suprímense as direccións provinciais. As funcións e servizos que non se vexan afectados polas transferencias quedan adscritos aos gobernos civís, dos que dependerán organicamente, sen prexuízo da dependencia funcional dos ministerios correspondentes. Dentro desta subsección encádranse os órganos de apoio do gobernador en relación coa Administración periférica, como son a Comisión Provincial de Goberno, a de Servizos Técnicos, a de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais, a Xefatura Provincial de Protección Civil e o Xurado Provincial de Expropiación Forzosa.
COMISIÓN PROVINCIAL DE SERVIZOS TÉCNICOS E COMISIÓNS DELEGADAS
Nun principio constitúese no seo das deputacións (Lei de réxime local de 1950) como órgano de coordinación en actividades moitas veces coincidentes entre as encomendadas ao gobernador e á Deputación Provincial.
Aparece regulamentada no capítulo V do Decreto do 10 de outubro de 1958, de regulación de atribucións e deberes dos gobernadores civís. Este texto defínea como órgano deliberante de colaboración inmediata co gobernadorcoa finalidade principal de coordinar toda a actividade descentralizada que realiza a Administración central dentro da provincia. Pode funcionar en pleno ou en comisións delegadas.
Entre as súas atribucións podemos destacar as de informar sobre cantas cuestións requira o gobernador, administrar os fondos provinciais de investimento, etc.
O Decreto 746/1961 regúlaa, establece comisións delegadas e supresión de xuntas. A Orde do 24 de xullo de 1961 simplemente vincula as oficinas administrativas da Secretaría da Comisión Provincial e comisións delegadas ao Negociado de Relacións Interministeriais e Provinciais, no caso de que estas correspondan ao secretario xeral do Goberno Civil.
Finalmente o Real Decreto 2668/1977, de regulación dos órganos colexiados de ámbito provincial, senta as bases da coordinación administrativa a este nivel sobre dous órganos únicos, entre eles a Comisión Provincial de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais, que asumirá o papel desenvolvido ata entón pola Comisión Provincial de Servizos Técnicos.
COMISIÓN DELEGADA DE ACCIÓN CULTURAL
Constitúese a través do Decreto 746/1961, do 8 de maio, polo que se regulan as comisións delegadas das comisións provinciais dos Servizos Técnicos. Estas están presididas polo gobernador civil; seu vicepresidente primeiro é o presidente da Deputación e como secretario de actos, sen voz nin voto, actúa o funcionario que o seu presidente designe. Será vicepresidente segundo o reitor da Universidade ou o decano da Facultade nas provincias onde non existan; na súa falta, o director máis antigo do centro docente de superior categoría. A adscrición dos vogais depende da natureza dos asuntos para tratar: alcalde, gobernador militar, representante dos bispos das dioceses existentes na provincia. Esta comisión terá unha composición ampla e variada: elementos culturais e técnicos, sindicatos universitarios e de profesores, así como as administracións militar, eclesiástica e provincial. Absorbe o Consello Provincial de Educación Nacional, Xunta Provincial contra o Analfabetismo, Xunta Provincial de Ensino Primario, Xunta Provincial Consultiva e Inspectora de Espectáculos, Comisión Provincial de Extensión Cultural e Comisión para indemnización aos mestres por casa-habitación.
En canto ás súas atribucións en asuntos de educación primaria, aparecen reguladas no Decreto do 2 de febreiro de 1967: emitir informes sobre os proxectos e programas educativos e culturais de ámbito provincial e tamén sobre os problemas, necesidades e plans provinciais en materia educativa e cultural.
Desaparece co Real decreto 2668/1977, que crea a Comisión Provincial de Goberno, que poderá ter comisións delegadas; esta vai continuar pero dependerá da de Goberno.
COMISIÓN PROVINCIAL DE GOBERNO E COMISIÓNS DELEGADAS
O Real decreto 2668/1977, de regulación de órganos colexiados de ámbito provincial, senta as bases da coordinación administrativa provincial sobre dous órganos únicos. Un deles é a Comisión Provincial de Goberno, como órgano de coordinación exclusivo dos servizos periféricos da Administración do Estado baixo a presidencia do gobernador. Establécese neste real decreto como órgano colexiado de asistencia ao gobernador nas funcións de orientación, impulso, coordinación e fiscalización da actividade dos órganos periféricos da Administración. Poderá funcionar en pleno ou comisións delegadas. - O pleno estará constituído por todos os delegados dos Ministerios situados na provincia, polo secretario xeral do Goberno Civil e o avogado do Estado. Terá, entre outras, as seguintes funcións:
- Coordinar as competencias e actividades dos distintos ministerios.
- Elaborar plans de necesidades da provincia.
- Asesorar o gobernador.
- Emitir informes previos e preceptivos sobre os programas de investimento estatal, antes de ser sometidos á aprobación do órgano competente.
As comisións delegadas regúlanse na Orde do 15 de xaneiro de 1979. A súa Secretaría Xeral radicará na Delegación Provincial cuxo titular ostente a presidencia.
COMISIÓN PROVINCIAL DE COLABORACIÓN DO ESTADO COAS CORPORACIÓNS LOCAIS E SUBCOMISIÓNS
Regulamentada por primeira vez no Real decreto lei 34/1977, que crea o Fondo Nacional de Cooperación Municipal e de arbitrio doutras medidas de reorganización da cooperación do Estado coas corporacións locais. Nel establécese que as competencias da Comisión Provincial de Servizos Técnicos serán absorbidas polas de Colaboración do Estado coas Corporacións Locais.
O Real decreto 2668/1977, de regulación dos órganos colexiados de ámbito provincial, establece esta Comisión como unha das dúas de coordinación administrativa provincial. Establece que será a encargada de canalizar a cooperación entre a Administración do Estado e as corporacións locais. Poderá funcionar en pleno ou en comisións e entre as súas funcións destacan as seguintes:
- Transmitirlle á Comisión Nacional propostas en relación co art. 6-9 do Real decreto 1467/1977.
- Emitir informe relativo ás peticións de axudas sobre o Fondo Nacional de Cooperación Municipal.
- Exercer as competencias que ata ese momento tiñan as comisións provinciais de Servizos Técnicos.
O Real Decreto 2669/1977 fai depender a Secretaría da Comisión da Unidade de Administración Local. Este decreto é desenvolvido pola Orde do 13 de decembro do mesmo ano que estrutura a sección de Administración local. Foi perdendo parte dos seus labores ao longo do tempo como consecuencia do traspaso da xestión das obras de plans provinciais e de acción comunitaria ás deputacións provinciais.
SERVIZOS DE URXENCIA E PROTECCIÓN CIVIL / XEFATURA PROVINCIAL DE DEFENSA PASIVA / XEFATURA PROVINCIAL DE PROTECCIÓN CIVIL
O seu antecedente inmediato é a Xefatura Nacional de Defensa Pasiva. O Decreto 827/1960, do 4 de maio, considera superada a organización da Defensa Pasiva e amplía o servizo a calquera dano por causa de guerra ou calamidade pública. Mediante este mesmo decreto créase a Dirección Xeral de Protección Civil, dependente da Presidencia do Goberno, que ten como misión organizar, regulamentar e coordinar con carácter nacional a protección da poboación e os recursos nestes casos, co fin de evitar ou reducir os riscos das persoas e dos bens. Con dependencia directa da Dirección Xeral de Protección Civil constitúese en xefaturas provinciais (art. 5) presididas polo gobernador civil, en calidade de xefes provinciais do servizo, asistidos por un segundo xefe, que será tamén o seu secretario provincial.
Das xefaturas provinciais dependerán directamente as xefaturas locais (art .6), organizadas nas poboacións que determine a Dirección Xeral de Protección Civil, baixo a xefatura do alcalde. Contarán, do mesmo xeito que as provinciais, cun segundo xefe e secretario xeral.
A Orde do 5 de maio de 1962 aproba as normas de organización e funcionamento da Dirección Xeral de Protección Civil e servizos dependentes dela, e, como establecía a normativa anterior, segue á fronte das xefaturas provinciais o gobernador civil. Así mesmo continúan baixo a dependencia das xefaturas provinciais as locais.
Establece o Real decreto 1547/80, do 24 xullo:
-A Dirección Xeral intégrase no Ministerio do Interior e estrutúrase cunha Subdirección Xeral.
-Os gobernos civís asumirán, en candansúas provincias, a dirección e coordinación da Protección Civil, segundo as directrices e instrucións do Ministerio do Interior, asistidos pola Comisión Provincial de Goberno.
-A Comisión Provincial de Goberno dos gobernos civís desempeñará funcións equivalentes na provincia ás da Comisión Nacional de Protección Civil.
A Lei 2/85, do 21 de xaneiro, regula novamente a Protección Civil. Unha nova Norma Básica (Rela decreto 407/92, do 24 de abril) redunda no anterior e amplíao, estendéndose especialmente na elaboración dos distintos tipos de plans.
Polo que respecta á incardinación destes servizos no Goberno Civil, cómpre destacar o seguinte: na Orde do 24 de xuño de 1961, de organización dos gobernos civís, dentro da Sección de Coordinación e Relacións Públicas e, dentro desta, no Negociado de Relacións Interministeriais e Provinciais, están encadrados os Servizos de Urxencia.
No Real decreto 2669/1977, de organización dos gobernos civís, mais na súa Orde de desenvolvemento do 13 de decembro, é un dos negociados que integran a Sección de Asuntos Xerais. A denominación exacta deste negociado é “Protección Civil e Mobilización”.
Na Orde do 25 de xuño de 1982, que estrutura as secretarías xerais dos gobernos civís, deslíndase da Sección de Asuntos Xerais e aparece como unha das seccións integradas na Secretaría, como Xefatura Provincial dos Servizos de Protección Civil.
A Instrución do Ministerio do Interior do 19 de xullo dese mesmo ano establece os negociados nos que estará dividida esta xefatura:
- Negociado de Información e Planificación. Con competencias na elaboración de plans de prevención e custodia de datos de interese.
- Negociado de Colaboración Cidadá. Para a relación coas entidades públicas ou privadas para acadar unha axeitada mentalización cidadá.
- Sección de Coordinación e Xestión. Coordina os servizos de Protección Civil doutras entidades públicas e a xestión das tarefas propias da unidade.
COMISIÓN PROVINCIAL COORDINADORA DE MOBILIZACIÓN
Na orde do 17 de setembro de 1974 que regula a coordinación entre o órganos periféricos do Servizo de Mobilización Nacional, indícase que as delegacións provinciais ou territoriais de Mobilización serán coordinadas por unha Comisión Provincial Coordinadora de Mobilización. Esta estará presidida polo gobernador civil e constituída por delegados provinciais de ministerios civís, polo subxefe provincial do Movemento, representantes das autoridades militares e do servizo de Protección Civil e os xefes daqueles servizos paraestatais ou privados que se estimen necesarios. Cada Comisión Provincial Coordinadora de Mobilización constituirá, baixo a dirección do secretario xeral do Goberno Civil, un centro permanente de coordinación e control que estará situado no devandito Goberno Civil e estará a cargo do Secretariado Técnico Provincial de Protección Civil.
Entre as súas funcións destacan as de estudar, preparar e actualizar os plans provinciais de emerxencia; e o mesmo, en canto aos plans de mobilización provincial derivados dos plans de emerxencia e das posibilidades de recursos xa existentes nas oficinas provinciais de mobilización; por último, remitir os plans ao xefe do Servizo de Mobilización do Ministerio da Gobernación.
Pola Orde do 15 de xaneiro de 1979, pola que se establecen as comisións delegadas das comisións provinciais de Goberno, quedan suprimidas, e mediante a Orde do 3 de decembro de 1979, as funcións das extinguidas comisións provinciais coordinadoras de Mobilización serán asumidas polas comisións provinciais de Goberno, de forma que as misións asignadas ás primeiras serán en diante desempeñadas polo pleno das segundas.
XURADO PROVINCIAL DE EXPROPIACIÓN FORZOSA
Esta figura nace coa Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa. Non existe unha institución que sexa antecedente histórica dela, aínda que si hai unha figura que realiza funcións similares. Esta figura, moi criticada pola doutrina, é o terceiro perito que se define na Lei do 17 de xullo de 1836. No seu artigo 7 remite a el en caso de discordia entre as partes para fixar o prezo xusto.
A Lei do 10 de xaneiro de 1879 rectificou este criterio e atribuíu á Administración (gobernador civil neste caso) a decisión previa na materia, mentres que o perito terceiro só debía proporcionar un ditame non vinculante, aínda que preceptivo.
A dita Lei de 1954 dedica aos xurados os artigos 32 ao 39; e o Regulamento do 26 de abril de 1957, que desenvolve a Lei, os artigos 101 ao 103. As súas características máis importantes son:
1) É un órgano colexiado de composición mixta, administrativa e privada.
2) Con garantía de imparcialidade (a presenza no xurado é incompatible coa defensa ou asesoramento dos particulares nos expedientes de expropiación).
3) Con garantía de continuidade (esíxese a asistencia obrigatoria e a presenza dos membros necesarios para obter o quórum).
4) Os seus membros considéranse funcionarios públicos.
5) Emite unha valoración motivada, de acordo con criterios técnicos e xurídicos. Nos xurados únense dúas funcións, a pericial e a xudicial: determinan o prezo xusto dos bens para expropiar en caso de desacordo entre as partes e resolven en única instancia (as súas resolucións esgotan a vía administrativa e ante eles preséntase recurso de alzada).
Os xurados constitúense en cada capital de provincia.
O artigo 32 da Lei de 1954 fixa a súa composición. Polo que respecta á súa vinculación aos gobernos civís, a Orde do 24 de xuño de 1961 vincula a Oficina Administrativa do Xurado Provincial de Expropiación ao Negociado de Relacións Interministeriais e Provinciais, que á súa vez depende da Sección de Coordinación e Relacións Públicas.
O Real decreto 2669/1977 e a súa Orde de desenvolvemento do 13 de decembro mudan o anterior ao estableceren o Xurado como un dos negociados da Sección de Asuntos Xerais. Finalmente a Orde do 25 de xuño de 1982, que estrutura as secretarías xerais, continúa a liña marcada en 1977 e establéceo como un negociado máis da Sección de Asuntos Xerais.
COORDINACIÓN PROVINCIAL
É unha subsección moi vinculada ao longo da súa historia co Gabinete Técnico, e tamén coa Sección de Relacións Interministeriais. Aparece identificada como tal por primeira vez no Real decreto 2669/1977 e na súa Orde de desenvolvemento do 13 de decembro, como un negociado dependente do Gabinete Técnico, xunto con Relacións Interministeriais: Coordinación Provincial e Relacións Interministeriais.
Na Orde do 25 de xuño de 1982 continúa formando parte do Gabinete Técnico, pero xa individualizada como Coordinación Provincial unicamente.
Segundo a Circular do 6 de xullo de 1982 do Ministerio do Interior sobre novas funcións dos gabinetes técnicos, o Negociado 4º do Gabinete será o de Coordinación Provincial, cuxas funcións serán:
1. Asistencia ao gobernador civil e á Comisión Provincial de Goberno:
-Asistencia no seu labor de coordinación provincial e sempre a través da Secretaría Xeral.
- Preparación de sesións, orde do día e convocatoria das reunións da Comisión Provincial de Goberno, asistencia ao gobernador civil nas sesións e redacción das actas.
2. Fiscalización das resolucións das Direccións Provinciais Departamentais:
- Ordenar ás Direccións Provinciais a comunicación ao gobernador civil das resolucións pertinentes en razón da súa importancia para a provincia ou porque o seu contido afecte a colectividades.
- Coñecer e examinar aquelas resolucións que sexan comunicadas ao gobernador civil e darlle conta das que estime oportunas.
3. Cuestións de competencia e conflitos de atribucións: expor e tramitar estas cuestións e conflitos cando cumpra segundo a normativa vixente.
COMISIÓN PROVINCIAL DE CUALIFICACIÓN DE MUTILADOS DE GUERRA
As comisións provinciais de Cualificación son creadas a través do Decreto 670/76, do 5 marzo, que regula as pensións a favor de mutilados de guerra (art. 4). Para instruír os expedientes conta coa colaboración, nun primeiro momento, dunha oficina xestora, que tamén actúa como Secretaría da Comisión .
Son reorganizadas na Orde do 24 de febreiro de 1979 (art.4). Desaparece a Oficina Xestora na dita orde, xa que encomenda estas funcións ao Goberno Civil, sen máis datos, e a Secretaría da Comisión recae nun funcionario do Goberno Civil, aínda que na documentación segue constando moitas veces a dita oficina.
Historia archivística
Ata o momento do primeiro ingreso no Arquivo do Reino de Galicia (a partir de novembro de 1986), o fondo estivo custodiado nas dependencias da institución remitente, en deficientes condicións de organización e conservación a documentación transferida ata 1993 e en mellores condicións as transferencias posteriores.
Alcance e conteúdo
Expedientes tramitados para poñer en coñecemento do Gobierno Civil as actuacións das autoridades militares.
Condiciones de acceso
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Derechos de autor
Situación de derechos de autor:
Os planos e deseños que forman parte do fondo son obxecto da propiedade intelectual dos seus autores, cando este dato consta
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografada
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Arquivo do Reino de Galicia
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Poden considerarse complemento deste fondo documental os da Administración central delegada e outros de ámbito provincial custodiados no ARG como os de Cultura, Educación, Estatística, Facenda, Xefatura Provincial do Movemento , Sanidade e Información e Turismo. Tamén os da Administración de xustiza territorial (Audiencia Territorial) e Administración institucional (Organización Sindical). Os fondos dos diferentes ministerios custodiados nos seus arquivos centrais e no Arquivo Xeral da Administración situado en Alcalá de Henares. Especialmente significativo é o fondo do Ministerio do Interior / Gobernación. Para series máis concretas, son interesantes os fondos dos Ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación, Industria e Enerxía, Cultura, Educación e Ciencia, Xustiza ou o do Exército (no tocante ás forzas e corpos de seguridade do Estado). Fondos como os dos concellos e deputacións provinciais son imprescindibles para o estudo da administración local. Os arquivos de numerosas entidades privadas (empresas comerciais, industriais, bancos...) achegan información complementaria para series relacionadas coa seguridade privada e outros aspectos.
Notas
Nota general
Volume: o volume total do fondo son 7.880 U.I
Contido: a meirande parte do fondo, recibida no Arquivo do Reino de Galicia entre1986 e 1988, con datas extremas entre 1847 e 1985, está descrita nun inventario convencional.