No verso, dúas signaturas de diferentes épocas: nº 25 e nº 47
Título
Pedro, Fernando e María Yáñez de San Cipriano venden ao mosteiro de Santa María de Monfero as herdades que posúen nos coutos do mosteiro como A Acea de San Fiz, Vilarboi, O Seixo, por douscentos cincoenta soldos
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e conteúdo
Copia posterior (os rasgos gotizantes que presenta a escritura non parecen acordes con esta época)