A fundación de Santa María de Aciveiro prodúcese o 2 de febreiro de 1135 a inciativa do rei Alfonso VII, a primeira constancia documental que se conserva é unha bula de 1154. Este mosteiro entrégaselle aos monxes beneditinos pero entre 1170 e 1225 ingresa na Orde do Císter. Durante a baixa Idade Media este mosteiro sufriu unha decadencia moi aguda debida á política dos abades comendatarios, mal que afectou a outros cenobios da orde como Oseira. Esta situación rematou unha vez que se incorporou á reforma observante da Congregación de Castela que vixiaba máis de cerca a vida da comunidade e a actuación dos abades trienais.
O século XIX veu a desaparición completa deste mosteiro, que sufriu o saqueo levado a cabo polas tropas francesas e logo tivo que afrontar a expulsión do monxes, primeiro, durante o Trienio Liberal e máis tarde cos decretos de Exclaustración e Desamortización
Historia archivística
Os fondos dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña ingresaron no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permanecera en dependencias públicas, incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia, e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.
Alcance e conteúdo
O fondo comprende series documentais basicamente relacionadas coa xestión eclesiástica da comunidade, o goberno do seu señorío e a adquisición e administración do patrimonio do mosteiro. Unha parte da documentación está composta polas series procedentes dos mosteiros e conventos que incorporou a principios do século XVI.
O fondo conservado no ARG áchase moi minguado. Fundamentalmente son series documentais sobre a adquisición e administración do seu patrimonio.
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Titular de los derechos:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal, xestionada pola Xunta de Galicia. Ao seren depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. Así, pasan a gozar do réxime de protección que as devanditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Normativa de aplicación:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia