A actividade profesional de Pedro López Gómez (Madrid, 1944) desenvolveuse case por enteiro dentro do mundo dos arquivos e da documentación, primeiro no campo da xestión e despois na docencia.
Pedro López licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid en 1972. Completou a súa formación en 1974 na Escuela de Documentalistas na Biblioteca Nacional (Madrid), centro de recoñecido prestixio que impartía ensinanzas de biblioteconomía, arquivística e documentación nun tempo no que estes estudos non tiñan un carácter universitario regrado. En 1981 acadou o Grao de Licenciado e o de Doutor en Xeografía e Historia en 1994 pola Universidade Complutense. Membro do Cuerpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Arqueólogos del Estado (Rama de Archivos) (1974-1989 e 1996-1997); e do Corpo Facultativo Superior de Arquivos da Xunta de Galicia (1989-1996). Profesor na Facultade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña desde 1997; catedrático desde 2009, e Profesor Honorario desta universidade desde 2014.
Autor dun bo número de publicacións sobre temas relacionados cos arquivos e a arquivística, a documentación e bibliografía e a historia moderna e contemporánea. O seu campo abrangue desde a investigación especializada ata a divulgación (manuais e estudos). Membro activo de varias asociacións profesionais e grupos de traballo de ámbito nacional e internacional. É vocal da Comisión Asesora de Valoración de Documentos Administrativos da Universidade da Coruña desde 2008. Preside a Fundación Olga Gallego, dedicada á protección, defensa e fomento dos arquivos e do patrimonio documental singularmente de Galicia ou de interese para Galicia.
Historia archivística
O fondo procede da cesión en réxime de comodato efectuada por Pedro López Gómez, profesor honorario da Universidade da Coruña. Pedro López comunicou o 13 de marzo de 2014, a súa intención de ceder temporalmente á Universidade da Coruña en réxime de comodato o fondo arquivístico e bibliográfico e diversos obxectos dos que era propietario, para a súa custodia e acceso no Centro de Documentación e Arquivo. Manifestou ademais a súa vontade de instituír un legado testamentario para a cesión definitiva do dominio do fondo e obxectos á Universidade da Coruña.
O 16 de xullo de 2014 o Xefe do Servizo de Rexistro, Documentación e Arquivo da Universidade da Coruña emitiu un informe de valoración sobre o fondo. O Consello de Goberno, na súa sesión do 24 de xullo do 2014, propuxo ao Consello Social da UDC a aceptación da cesión do devandito fondo. Ese mesmo día o Consello Social aprobou a proposta en todos os seus termos.
O 14 de novembro de 2014 asinouse on convenio de cesión do fondo entre o reitor da UDC e Pedro López. O convenio institúe unha Comisión de Seguimento do fondo.
O fondo foi recibido no Centro de Documentación e Arquivo da Universidade da Coruña o día 20 de febreiro de 2015.
O 12 de abril de 2019 asinouse unha "Addenda" ao convenio, que estipula que o fondo bibliográfico (libros e revistas) pasa a ser xestionado polo Servizo de Biblioteca Universitaria. Este material bibliográfico está constituído por 1.399 libros e 842 números de revistas dun total de 147 títulos.
Alcance y contenido
O fondo contén a documentación persoal e de función de Pedro López Gómez reunida ao longo da súa carreira profesional. A máis desta documentación, o fondo contén coleccións anexas de documentos, libros, revistas e diversos obxectos relacionados co mundo dos arquivos.
O fondo documental "stricto sensu" ten un volume de 300 caixas de arquivo e estruturase por medio dun extenso cadro de clasificación. O cadro de clasificación completo pode ser consultado no documento Anexo 1, que figura ao final desta descrición en "Copia dixital". Igualmente pode consultarse o inventario pormenorizado do fondo documental de arquivo no Anexo 2.
As coleccións anexas ao fondo son:
- 87 caixas con folletos, separatas de artigos de revista ou de actas de congresos, follas impresas, recortes de prensa, folletos de xeografía e turismo e outro material non libro. Pode consultarse o seu catálogo no Anexo 3.
- 31 documentos de material impreso de formatos especiais: material cartográfico, carteis, láminas, calendarios, orlas, fotografías e reproducións facsímiles de documentos. Pode consultarse o seu catálogo no Anexo 4.
- Unha colección de obxectos relacionados cos arquivos. Alén dos documentos de arquivo e do material que forma a biblioteca, o Fondo Pedro López Gómez conta cun pequeno fondo museístico, do que fan parte 36 obxectos relacionados co mundo dos arquivos. Pode consultarse o seu catálogo no Anexo 5, que figura ao final desta descrición en "Copia dixital" .
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Portuguese
Escritura:
Mecanografada
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias.
Notas
Nota al área de identificación
O campo 1.5 (Volume) deste fondo foi actualizado por última vez o día 25/02/2022.