Partilla solicitada por Andres de Sequeiro e Domingo Lorenzo, como marido de Maria Antonia Pita da Veiga, e Catalina Pita da Veiga da herdanza de Juan Freire de Andrade e Antonia Pita da Veiga e Antonio Diaz e Paula Pita da Veiga
Título atribuido:
Partillas
Fecha de creación
1744-04-09 / 1744-04-15. 1744, abril, 9 a 1744, abril, 15
Fecha de acumulación
1744-04-09 / 1744-04-15. 1744, abril, 9 a 1744, abril, 15
Na súa orixe o Concello foi unha entidade con autonomía propia, pero foi perdéndoa fronte ao poder real, señorial ou eclesiástico. Así pasou da asemblea veciñal ou concello aberto a un cambio radical no goberno municipal coa aparición de órganos alleos ao propio municipio como os delegados rexios: Correxedores, Intendentes, Rexedores. Fronte a este poder foráneo xurdiron os xurados, que representaban á comunidade e velaban polos seus intereses ao ser elixidos polos veciños.
O rexemento estivo presidido polos alcaldes, máxima autoridade xudicial e administrativa da vila, elixidos entre os membros do Concello ratific ados polas autoridades supramunicipais, ou polos gobernadores político-militares no caso de Ferrol, dada a súa importancia militar e estratéxica. Cando existían asuntos de especial relevancia, como graves desordes públicos ou loita polas lindes o rei enviaba un representante para intentar solucionar estes conflitos: xuÍces especiais, pesquisidores ou correxedores. Os Reis Católicos no seu afán centralizador e unificador, xeralizaron o réxime dos correxedores para todo o reino. As cidades cabeza de partido tiveron a estes funcionarios como presiden tes natos dos concellos e sen a súa presenza non se reunían nin adoptaban acordos.
A partir do século XVIII, dende o motín de Esquilache, a participación popular incrementouse coa creación en cada municipio de catro Deputados do Común, destinados a vixiar os abastos, e un Síndico Personero que defendía a poboación cando se sentía agraviada. Estes cargos foron nomeados,con frecuenci a, en poboacións superiores a 2.000 habitantes e a duración do oficio comezou sendo dun ano para, posteriormente, ser bianual.
Na época contemporánea son múltiples os vaivéns na autonomía do Goberno municipal: alcalde e concelleir os pasarán de ser nomeados pola Administración central a ser elixidos polos propios veciños.
Coa democratización dos concellos os órganos de gobernos supramun icipais (autoridade real, señorial, eclesiástica, Rexedores, Correxedores, Xurados, Intenedentes) deixaron de existir persistindo no tempo outros coma os alcaldes, que perderan as funcións xudiciais para afianzarse na organización administrativ a do municipio; a Asemblea do Goberno municipal pasou de ser concello aberto a órgano de poder das élites municipais para volver a ser de novo órgano de representación veciñal coa elección de concelleiros. Xurdirán outros novos como a Comisión Municipal Permanente (1924-1985), Comisións Informativas (desde 1952 e con antecedentes na Lei municipal de 1870), a Comisión de Goberno (1985- ) e a Xunta de Goberno Local dende xaneiro do 2004, e como ente supramunicipal en Ferrol a Mancomunidade de municipios desde 1989.
As funcións deste órganos de goberno son o control da xustiza local, potestade regulamentaria, policía e orde pública, salubridade e hixiene, sanidade, urbanismo, educación, festas, vixiancia e control do comercio e industria locais, abastecemento, facenda municipal e administración do patrimonio.
Historia archivística
Os fondos documentais do Concello de Ferrol foron conservados sempre no edificio da Casa Consistorial, alí onde estivo ubicada. O documento máis antigo do Arquivo é do ano 1376.Consérvase un inventario de mediados do século XIX. O descontrol e destrucción de documentación foi continua no século XX, sendo vendida, inclusive, unha parte do Arquivo de Serantes o 16 de abril de 1982. No ano 1989 créase a praza de arquiveiro municipal e no ano 1990 inaugúrase unha nova etapa, cando se inicia a súa organización. Ten en microfilm algunhas series de documentación histórica. No ano 2002 foi aprobado o seu Regulamento en sesión plenaria de 25 de outubro. Ano a ano introdúcense no Arquivo algunhas melloras pero as instalacións en canto a depósitos documentais son insuficientes para albergar o aumento de volumen documental que produce o crecimento da xestión municipal.
Alcance y contenido
Contén ademáis:
rexistro dos protocolos de escrituras que pasaron diante do escribá da Real Audiencia Manuel Antonio González Fuentemaior
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre, agás naqueles casos nos que concorran as excepcións ou límites previstos na Constitución e nas leis.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
As limitacións na reproducción de documentos están encamiñadas á protección e conservación dos documentos. En aqueles de acceso restrinxido, ademáis de cumprir o requisito antedito, só poderán ser reproducidos polos interesados ou con o permiso destes.
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Características físicas
Descripción del estado de conservación:
O estado de conservación en xeral é normal. Hai algunhas series que se atopan moi deterioradas.
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Arquivo do Reino de Galicia
Archivo General de Simancas.
Arquivo de protocolos notariais de A Coruña.
Arquivo Xeral militar de Madrid.
Arquivo Xeral militar de Segovia.
Arquivo Xeral militar de Guadalaja ra.
Arquivo Xeral militar de Avila.
Departamento de arquivo e estudos xeográficos do servizo xeográfico do exército(Madrid).
Arquivo do Museo naval (Madrid)
Arquivo xeral de Marina"Alvaro de Bazán" (Viso del Marqués- Ciudad Real).
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: -Testemuñas de condena e informes ao xulgado
-Expedientes de orde, protección e vixiancia publica
-Expedientes de cárcere
-Expedientes de prostitución e hixiene especial
-Contas de Penas de Cámara