A casa de Bóveda sitúase na parroquia de San Martiño de Bóveda, concello de Bóveda, moi preto do núcleo principal. O pazo primixenio data do século XVI e foi substituído no XVIII polo notable edificio neoclásico de estilo italiano que actualmente se conserva, obra do arquitecto Domingo Lois de Monteagudo e promovido por Tomás Suárez de Deza e Oca, noveno marqués de Viance. Sufríu unha importante reforma cara a 1890, a instancia de Antonio Pedrosa Ulloa. Na decoración interior destacan as pinturas de Juan Bernardo Pérez de Castinande inspiradas no Quixote realizadas en 1834. Tamén merecen unha referencia os xardíns, que conteñen varias árbores centenarias protexidas..
En 1079 o conde Sancho Ordóñez doa pro anima ao abade Fagildo e ao Mosteiro de San Pedro de Antealtares o couto de Bóveda. En 1480 o Mosteiro de San Paio de Antealtares afora o couto de Bóveda a Diego López de Goyanes e en 1512 o Mosteiro de San Martiño Pinario, que recibira os bens de San Paio de Antealtares, afora de novo o couto a Álvaro López de Goyanes.
O matrimonio de Aldonza de Goyanes Novoa e Feijoo, dona da casa de Bóveda, e de Juan Saco de Guitián (ou Quiroga) e Somoza incorpora o patrimonio da casa de Calvos, da que era titular este último. María de Quiroga Feijoo e Goyanes funda o vínculo da casa de Bóveda en 1691, pero morre sen fillos. Herda as dúas casas o seu sobriño, Juan Ángel Suárez de Deza Guitián e Balboa, dono da casa de Miraelfe. O fillo deste, Gregorio Tomás Suárez de Deza, contrae matrimonio con Constanza de Oca Armesto e Prada, quen achega o título do Marquesado de Viance.
Ana Ramona Saavedra Suárez de Deza morre sen sucesión, de xeito que herda todo este patrimonio Antonio Joaquín Ulloa de las Riberas Suárez de Deza, con quen se incorporan as casas do Retiro, Cee, Cacabelos, A Pena e Buisán. Antonio Joaquín casa con Casilda Sotelo de Novoa, segunda marquesa de Villaverde de Limia, que achega as casas de Guizamonde, Bobadela, Casteadona e Villafranca del Bierzo.
A súa filla, Ascensión Ulloa e Sotelo de Novoa casa con Ramón Pedrosa Porras, quen achega os patrimonios de Pedrosa, Melide e Murias de Paredes. O seu fillo, Antonio Pedrosa Ulloa, terceiro marqués de Villaverde de Limia, casa con Ascensión González Somoza e Neira que é a dona das casas de Laiosa e Sarria.
Historia archivística
A documentación chegou mesturado cos restantes fondos deste grupo.
Alcance e conteúdo
Entre a documentación desta casa, figura o denominado no século XIX Partido de Lugo. Existía unha Casa de Lugo, pero probablemente a maioría dos bens situados neste concello non proceden desa casa.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre, agás a documentación en mal estado de conservación