Escrituras de venda e toma de posesión de diversos bens nas feligresías de San Pedro de Sarandón, San Pedro de Herbogo e San Mamede de Rois por parte de Martiño López, cardeal da igrexa de Santiago, e o seu sobriño Ares Afonso, prateiro.
Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), naceu Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudiante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Foi rexistrador da propiedade de profesión. O seu afán bibliófilo levouno a formar un importante conxunto bibliográfico e documental especializado en temas de Galicia, Portugal é, en menor medida, Asturias. No 1956 Fermín Penzol realiza a entrega simbólica do seu legado a Editorial Galaxia e anos mais tarde, mediante escritura notarial do 7 de abril de 1963, constitúese na cidade de Vigo a Fundación Penzol cun padroado formado por personaxes destacadas das artes, das letras e das ciencias de Galicia. A súa principal finalidade será a de servir como centro de investigación de estudios galegos. A Fundación establécese en Vigo, inicialmente no número 24 da rua Policarpio Sanz baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego. No 1985 mediante acordo suscrito entre a Fundación Penzol e o Concello de Vigo, os fondos trasládanse aos locais da Casa Galega da Cultura de Vigo no número 2 da Praza da Princesa, a súa sé actual. En 2008 anóvase o Patronato da Fundación ampliando os seus membros e incorpórandose institucións no mesmo (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega). Francisco Fernández del Riego, alma e brazo executor da Fundación, retírase, producíndose dous anos máis tarde o seu pasamento. O seu sustituto e director actual é Francisco Domínguez..
Historia archivística
Das referencias na correspondencia privada e papeis de Fermín Penzol, conclúese que foron mercados polo mesmo en diversas librerías de vello e a algúns particulares.
Alcance e conteúdo
Contén: 1.- 1448-02-27 / Santiago de Compostela (A Coruña, España) O mosteiro de Santa María a Nova de Santiago afora a Martiño López, cardeal da igrexa de Santiago, e a Ares Afonso, plateiro, sobriño do anterior, de por metade, polo tempo das súas vidas e vintenove anos máis, o lugar e casal de Vila na feligresía de San Pedro de Sarandón, cos seus censos, máis os lugares de Carrais, Rubieiro, Soutelo e Herbogo, na feligresía de San Pedro de Herbogo, o lugar de Contimunde, na feligresía de San Mamede de Rois, e o lugar de Herbogo de Arriba, todos en terra de Valeirón, xunto co dereito de presentación da igrexa de San Mamede de Rois, por unha renda anual de trescentos marabedís durante a vida de ambos, e de trescentos cincoenta marabedís para a persona que lles suceda nos seguintes vintenove anos. 2.- 1448-03-015 / Padrón (A Coruña, España) Ares Afonso, plateiro, veciño de Santiago, toma posesión en nome e como procurador do cardeal da igrexa de Santiago Martiño López dos bens que este mercou de Pedro Afonso de Fisterra no lugar de Contimunde, en San Mamede de Rois, xunto co dereito de presentar na igrexa de San Mamede de Rois. Incompleto.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre acceso en función do estado de conservación.
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Pergameo
Notas
Nota general
Trátase dun bifolio que formou parte dun libro. O primeiro documento ocupa as tres primeiras planas, o segundo (incompleto) ocupa a cuarta e última plana. Leva numeración da época en caracteres romanos: 1ª folla CCXCVIII, e 2ª folla CCXCIX. Onomástica antiga: - Martin Lopes - Ares Afonso - Afonso Gonçalves Toponimia antiga: - Villa - San Pedro de Sarandon - Carraas - Ruvieyro - Soutelo - Ervogo - Contimunde - Outeiro - Ervogo de Juso - San Pedro d'Ervogo - San Mamede de Roys Notario: - "Afonso Gonçalves, notario do arçobispado de Santiago et sua provençia".