En xullo de 1934 constituese unha sección feminina dentro do Sindicato Español Universitario (S.E.U.) de Falanxe Española e das J.O.N.S. e, a finais dese ano reorganizarase e quedará baixo a dependencia directa da Secretaría Xeral . Nun principio as súas funcións consisten en servizos sociais e asistenciais para os presos do partido e dás súas familias. O “auxilio social”, anteriormente chamado “auxilio de inverno“ foi ou servizo máis salientable prestado por esta sección feminina durante a Guerra Civil. Son determinantes na súa traxectoria tanto o decreto de unificación do 20 de abril de 1937 como o decreto de 7 de outubro de 1937 que formula como exixencia da patria solicitar a todos cantos formen parte dela actos de servizo e organiza o “servizo social” como forma de prestación obrigatoria, para mulleres solteiras entre os 17 e os 35 anos, que tivesen, entre outros obxectivos, o exercicio de función públicas ou obtención de títulos, sendo agora cando a Sección Feminina queda integrada no Movemento Nacional como un dos mecanismos de acción do Estado. O decreto de 31 de xullo de 1939 que aproba os estatutos modificados de Falanxe Española Tradicionalista e das J.O.N.S. establece que o delegado nacional de cada servizo, neste caso o da Sección Feminina, establecerá as delegacións provinciais e locais e os delegados provinciais actuarán baixo a disciplina política dos xefes provinciais, e nas súas funcións específicas baixo a autoridade e orientación directa dos delegados nacionais de servizo. O decreto de 28 de decembro de 1939 organiza as funcións da Sección Feminina que será definida como o organismo do partido no que se confía a mobilización, encadramento e formación das afiliadas, a formación política e educación profesional das mulleres das restantes seccións do movemento, a formación para o fogar das mulleres e o servizo social. Sucesivas disposicións van concretando e modificando as súas funcións e estructura ata que esta institución queda suprimida polo Real Decreto-lei 23/1977, do 1 de abril, sobre reestruturación dos órganos dependentes do Consello Nacional e novo réxime xurídico dás asociacións, funcionarios e patrimonio do Movemento.
Historia archivística
Este fondo atópase no Arquivo Histórico Provincial de Lugo dende data descoñecida aínda que o ano 1979 parece ser a máis aproximada, momento no que se transfire ao arquivo o fondo documental da A.I.S.S. A documentación xerada polas institucións do Movemento Nacional na provincia de Lugo foi custodiada en distintos locais, quedando fragmentada, revolta e dispersa. Parte da documentación da Delegación Provincial da Sección Feminina de Lugo conservouse mesturada coa da Delegación Provincial da Fronte da Mocidade, Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo e coa da Delegación Provincial do Ministerio de Cultura.
Alcance y contenido
O coñecemento das actividades, servizos e funcionamento da Delegación Provincial da Sección Feminina de Lugo susténtase no estudo deste fondo, incompleto por diversos motivos, e do que conservamos, entre outra documentación, memorias anuais e proxectos de actividades da delegación provincial, correspondencia, circulares e instruccións dos distintos departamentos, expedientes persoais de profesorado, colaboradores e instructoras, documentación sobre patrimonio e instalacións, cursos de formación, afiliación e actividades culturais e deportivas. A documentación máis voluminosa e a da prestación do servizo social.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso restrinxido para aquela documentación que conteña datos de carácter persoal cunha antigüidade inferior a 50 anos, segundo o disposto no artigo 57.1 c) da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico e libre acceso para o resto do fondo. En aplicación do artigo 13 d) da Ley 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas relativo ó acceso á información pública, arquivos e rexistros e de acordo cos artigos 12 e seguintes da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, os artigos 23.6 da Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e o resto do ordenamento xurídico.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución dos documentos queda condicionada polo seu estado de conservación.
Normativa:
DECRETO 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Documentación relacionada
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Custódianse neste arquivo varios fondos documentais que poden conter algunha información relacionada e complementaria coa que se describe, entre eles o fondo da Delegación Provincial de Educación física e Deportes de Lugo, o da Delegación comarcal da Sección Feminina de Ribadeo , o da Delegación Provincial da Fronte de Mocidade e o da Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo e o da Delegación Provincial do Ministerio de Cultura.