As Xuntas de Cultura Histórica e do Tesouro Artístico naceron ao principio da Guerra Civil para velar pola conservación do tesouro histórico e artístico nunhas circunstancias tan convulsas.
Foron establecidas por Orde do presidente da Xunta Técnica de Estado o 23 de decembro de 1936 para cumprir o Decreto nº 95, de 6 de decembro de 1936 do Xefe do Goberno. Segundo estas normas, en cada provincia se crearía unha xunta presidida polo gobernador civil e integrada por un representante da Deputación Provincial, outro do bispado, un arquitecto nomeado pola Comisión Provincial de Monumentos, un catedrático de historia, o inspector xefe de primeira ensinanza, o bibliotecario, o director do museo e o arquiveiro da Delegación de Facenda. Un funcionario do corpo facultativo de arquiveiros, bibliotecarios e arqueólogos actuaría como secretario.
Este órgano debería intervir na recollida e custodia de obras de arte nas zonas de recente liberación, na venda e exportación de obxectos de valor histórico ou artístico, no salvamento do patrimonio mutilado e expropiado. Isto último implicaría o desescombro de edificios danados e recollida de restos, a recollida e custodia de obxectos, libros e documentos destrozados para a súa devolución no momento oportuno, e a incautación de obxectos de valor de procedencia ilexítima ou de persoas desaparecidas. Tamén debería redactar o inventario dos bens desaparecidos ou danados a partir do 14 de abril de 1931.
Na provincia de Lugo a única integrante do corpo facultativo de arquiveiros, bibliotecarios e arqueólogos era nese momento Amalia Prieto Cantero, arquiveira da Delegación Provincial do Ministerio de Facenda. Por esta razón, actuou como secretaria da Xunta.
Historia archivística
Esta documentación debía de estar no local de traballo da arquiveira da Delegación Provincial do Ministerio de Facenda e por iso foi transferida xunto coa propia documentación dese fondo.
Alcance y contenido
A pesar da amplitude das datas extremas, apenas se conserva documentación do século XIX e primeira metade do XX.
A ingresada en 2013 aínda non figura incluída nesta descrición por estar en proceso de organización.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Libre
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: O fondo Eduardo del Río está relacionado co de Goberno Civil porque esta persoa foi gobernador civil. De momento non é consultable por non estar organizado.