O delegado central é nomeado polo delegado nacional da Fronte de Xuventudes, oído o inspector naval (artigo 3 da Lei fundacional da Sección Naval do 14 de decembro de 1940). Estará á fronte da Delegación Central e asumirá a súa autoridade superior por delegación do xefe da fronte de Xuventudes. Entre as súas funcións, segundo o Regulamento orgánico da Sección Naval de 1954 (xa que na dita Lei fundacional de 1940 non aparecen estruturados os órganos) están: - - Executar as ordes do delegado nacional e desenvolver os acordos do Consello Central. - - Propoñerlle ao delegado nacional o nomeamento dos xefes dos Servizos Centrais, do administrador, dos delegados comarcais e do secretario. - - Nomear, por proposta do delegado comarcal ou do provincial, os directores, profesores e instrutores. - - Dirixir o funcionamento da sección e coordinar as diversas tarefas e actividades. - - Presidir, en ausencia do delegado nacional, as xuntas e consellos. - - Convocar e presidir as comisións especiais que se establezan para o estudo e determinación dos plans docentes. - - Ordes de pagamentos. - - Darlles ás delegacións provinciais normas relativas ao funcionamento da sección - - De conformidade co inspector naval e co informe favorable do administrador, ordenar os gastos por contías inferiores a vinte e cinco mil pesetas, mentres que as cantidades superiores deberán ser aceptadas polo Consello ou polo delegado nacional. Podemos engadir que é o encargado das relacións cos organismos exteriores á Sección Naval (así, en todo o proceso de transferencia da Sección Naval mantense en contacto coa Subsecretaría de Pesca do Ministerio de Agricultura). Sufrirá moi poucos cambios ao longo do tempo, non só na súa estrutura senón no persoal dirixente, xa que basicamente serán dúas as persoas que ocupen o cargo de delegado central: nun primeiro momento, Juan de Bona Orbeta; e a partir de 1964, Hermenegildo Franco (ata a fin da institución).
Historia archivística
O fondo da Sección Naval da Fronte de Xuventudes estivo custodiado en principio nos arquivos da Delegación Central e nos das escolas, baixo a tutela do secretario central e dos das respectivas escolas, que eran os que tiñan asignadas, entre outras, esas funcións. Cando unha escola pechaba definitivamente, transfería a súa documentación á sede central, á Delegación Central, como nos consta explicitamente no caso de Palma de Mallorca e Vigo. Pero parece que esta non foi a norma xeneralizada, xa que só se conserva a documentación de catro escolas: Ferrol, Madrid, Palma de Mallorca e Vigo. Descoñecemos cal foi o destino dos fondos de todos eses centros que existiron en variados lugares da xeografía española e que non remitiron os seus documentos á sede central.
Unha vez que desaparece a Sección Naval, a documentación que custodiaba é enviada á Escola de Ferrol. Non coñecemos a data exacta desta transferencia, pero con toda seguridade tivo que ser despois de mediados de 1983, data da fin das actividades deste organismo. Un posible motivo polo que se depositaron os fondos en Ferrol puido ser que esta escola, xunto coa de Huelva, continuou as súas actividades de formación profesional náutico-pesqueira cun carácter xa oficial; e debido á obriga de desaloxo que se lle impuxo á Delegación Central nesas datas, debeuse tomar a decisión de trasladar a documentación a unha sede que tivera a posibilidade de continuar.
Finalmente a documentación conservada en Ferrol foi transferida ao Arquivo do Reino de Galicia o 10 de novembro de 1992.
Alcance y contenido
"Camino" nº1 da Delegación Provincial de Xuventude. Escola de Huelva.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Véxase nivel de fondo.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Descripción del estado de conservación:
Véxase nivel de fondo. Véxase nivel de fondo.
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Véxase nivel de fondo.
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Véxase nivel de fondo.