En 1626 construíuse nos terreos do actual hospital Abente e Lago, coñecidos como Campo do Espírito Santo, o Hospital do Rey. Estaba rodeado polo Hospital do Bo Suceso, que atendía aos militares, pola capela do Espírito Santo e a polvorera. En 1658 explota esta última provocando graves danos nos edificios próximos, incluído o Hospital Real, que tivo que ser restaurado antes de volver funcionar a finais de século.
En 1725 o enxeñeiro Francisco Montaigú deseña a ampliación do Hospital do Rey, incorporando a capela do Espírito Santo.
En 1798 o capitán xeral Pedro Martín Cermeño propuxo que se derrubasen os dous hospitais para construír un único hospital no lugar.[ Con todo, este proxecto non levou a cabo ata o período entre 1861 e 1866 creando o chamado Hospital Militar do Bo Suceso, proxecto do enxeñeiro Joaquín Montenegro.[1]
O hospital sofre o 13 de febreiro de 1946 un incendio provocado por un curtocircuíto que arrasa co seu interior, polo que tivo que ser remodelado e modernizado.[1]
O Ministerio de Defensa pechouno en 1995, incorporándose a o Servizo Galego de Saúde o 26 de maio de 1996.[