José Búa Carou, finado na Coruña o 9 de xaneiro de 1944, foi un médico e político galego.
Fillo de José Búa Pintos e irmán de Francisco Búa Carou. Foi coronel de Sanidade Militar. Foi presidente da Reunión Recreativa y Instructiva de Artesanos da Coruña.
Militante do Partido Republicano Radical Socialista, foi elixido vicepresidente do grupo da Coruña en setembro de 1931. Despois pasou a Izquierda Republicana e foi presidente do grupo local da Coruña en 1934.
Participou no acto de homenaxe ás mulleres organizado polo semanario La Calle o 3 de marzo de 1936 no Teatro Rosalía Castro con Manuel Fernández, Ramón Suárez Picallo e José Villaverde.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi represaliado. Finou na Coruña o 9 de xaneiro de 1944.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Caldas de Reis Lugar de fallecimiento: A Coruña España. Residencia, sede: A Coruña