Bibliófilo, bibliógrafo, filólogo e coleccionista español.Fillo de Rafael Rodríguez Moñino, funcionario da Administración Local. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras pola Universidade Central de Madrid, é bolseiro pola JAE para ampliar os seus estudos no estranxeiro. Antes da Guerra traballou como profesor, e durante a mesma foi membro da Alianza de Intelectuales Antifascistas para a Defensa la Cultura.
Casa en 1938 coa arquiveira María Brey, a quen coñece cando ambos traballaban para a Junta de Incautación y Protección del Tesoro Artístico, encargándose do salvamento do patrimonio bibliográfico.
Ao finalizar a contenda, os dous serán sancionados, sendo el inhabilitado para exercer o oficio de mestre. O matrimonio trabará amizade co coleccionista de arte José Lázaro Galdiano, quen nomeará a Antonio albacea testamentario. En 1950, o Padroado da Fundación Lázaro Galdiano nomea a Antonio e a súa muller bibliotecario e arquiveira da fundación respectivamente, desempeñando este labor durante case vinte anos.
Realizou un importante labor como editor e académico, participando na creación da editorial Castalia, colaborando en publicacións da RAE e dando clase de Historia da Literatura Española na Universidade de Berkeley.
En 1968 ingresou na Real Academia, ocupando a cadeira X. Xunto á súa esposa, atesourou unha das maiores bibliotecas privadas do momento, que acabarían doando á Real Academia Española.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Calzadilla de los Barros (Badaxoz) Lugar de fallecimiento: Madrid