Antonio Rodríguez Zapata, nado en Huesca a finais da primeira década do século XX, foi un avogado e escritor galego.
Fillo de Eumenio Rodríguez Rodríguez, que era catedrático de lingua francesa no Instituto de Huesca. Instalouse na Coruña coa familia en 1913. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e obtivo a licenciatura en 1932. Colaborou en La Voz de Galicia, publicou a novela curta Un drama en la ciudad sonrisa, dedicada a Plácido Peña Novo, e foi director literario da revista Alma co pseudónimo Antonio Derody. Na República exerceu como avogado na Coruña e impartiu conferencias no Casino Republicano da cidade.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xulgado na Coruña por rebelión e o seu caso foi sobresido. Incoáronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941. En setembro de 1939 obtiveron el e a súa muller en Barcelona sendos salvocondutos para viaxar ao estranxeiro. Emigrou a Uruguai nos anos corenta. Nos anos cincuenta publicou en España novelas e teatro co pseudónimo Antonio de Huesca.[8]
ISAAR(CPF): Norma Internacional sobre Registros de Autoridad de Archivos relativos a Instituciones, Personas y Familias. 2ª ed. Consejo Internacional de Archivos, 2004