Antonio Varela Miguélez, nado en 1911 e finado na Coruña o 13 de xullo de 1937, foi un tipógrafo e sindicalista anarquista galego.
Fillo de Aurora Miguélez Pena. Tipógrafo. Miltante da CNT. Administrador de Brazo y Cerebro. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse e participou nas tarefas de reorganización da FAI na Coruña. Foi descuberto na caída da rede clandestina de anarquistas no Barrio das Atochas no verán de 1937 e asasinado no Campo da Rata o 13 de xullo con Alejandro Delgado Fernández e José González González.
2.3 Lugares:
Lugar de fallecimiento: A Coruña España. Residencia, sede: A Coruña