Fillo de Manuel Rodríguez Ínsua e Pilar Castelao Genme, casados o 31 de agosto de 1903, era medio irmán de José Losada Castelao.
Exerceu a profesión de mestre.
Foi elixido concelleiro de Rianxo nas eleccións de maio de 1931, cargo do que dimitiu en outubro de 1934. Foi un dos fundadores do Partido Galeguista de Rianxo en 1933 e foi conselleiro da zona. Foi detido con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934. En marzo de 1936 foi o delegado do gobernador civil encargado de suspender á corporación de Rianxo e nomear unha nova. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936, fuxiu e, despois de nove meses agochado, tentou escapar no bou Eva pero foron delatados e os falanxistas asaltaron o barco. Manuel e os seus oito compañeiros decidiron suicidarse antes de caer en mans dos falanxistas.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Rianxo Lugar de fallecimiento: Vigo España. Residencia, sede: Rianxo