A xurisdición especial de Responsabilidades Políticas foi creada pola Lei do 9 de febreiro de 1939 co fin de perseguir as persoas físicas e xurídicas que, entre o 1 de outubro de 1934 e o 18 de xullo de 1936, “contribuíron a crear ou agravar a subversión de toda orde ...”, ademais de penalizar, sobre todo economicamente, mediante a privación dos seus bens, os que defenderan o réxime republicano.
A lei establecía, desde o punto de vista das competencias nos procedementos, unha responsabilidade penal (corría a cargo dos Xuíces Instrutores Provinciais encargados da instrución dos expedientes, Tribunais Rexionais para axuizar os feitos e executar os fallos e o Tribunal Nacional, como última instancia para determinados casos) e unha responsabilidade civil (a execución e a efectividade das sancións da orde económica e as reclamacións de terceiros seguiríanse nos Xulgados Civís Especiais e Audiencias constituídas en Sala Especial, cuxas sentenzas eran firmes e inapelables).
Máis adiante, no 1942, a Lei do 19 de febreiro reformou a de 1939, suprimíndose os tribunais especiais. Así, as funcións exercidas polos Tribunais Rexionais traspasáronse ás Audiencias Provinciais e as funcións encomendadas aos Xulgados Instrutores Provinciais e aos Xulgados Civís Especiais pasaron a ser desempeñadas polos Xulgados de Primeira Instancia e Instrución da xurisdición ordinaria.
A reforma matizou os supostos de sanción da lei de 1939 e outorgou aos tribunais ordinarios facultades para sobreser determinados casos. Tamén, determinou a necesidade da petición ou o informe previo do fiscal para a incoación dos expedientes de responsabilidade política.
A extinción definitiva desta xurisdición especial fíxose efectiva co Decreto do 13 de abril de 1945, que creou a Comisión Liquidadora de Responsabilidades Políticas para resolver os expedientes que estaban pendentes e os recursos presentados ou que puidesen aínda presentarse.
E será no 1966, cando por Decreto do 10 de novembro, se lles outorgue, pola vía de graza, o indulto xeral aos condenados pola xurisdición de responsabilidades políticas.
Historia archivística
Debido á inauguración dunha nova sede xudicial, o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 solicitou o traslado ó A.H.P. dos expedientes de determinada antigüidade. En abril de 2003 tivo lugar o ingreso dos expedientes do Xulgado nº 1 nun local recentemente alugado e acondicionado pola Consellería de Cultura; estableceuse como data límite o ano 1990, co fin de liberar o máis posible o arquivo xudicial, e tendo en conta que é o ano no que deixan de funcionar os Xulgados de Distrito ( Cambados e Sanxenxo neste caso) e inicia a súa actividade o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2.
Alcance e conteúdo
Consta das seguintes pezas:
- Expediente do Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña
- Peza separada número 90 do Xulgado Especial Civil de Responsabilidades Políticas da Coruña para facer efectiva a sanción económica
- Peza separada de intervención do Xulgado Especial Civil de Responsabilidades Políticas da Coruña
- Peza separada de embargo número 27 do Xulgado Especial de Executorias adscrito á Comisión Liquidadora de Responsabilidades Políticas, para facer efectiva a sanción
- Expediente de tercería de dominio derivado da peza separada número 90
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16 /1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Pode atoparse documentación relacionada, en materia penal, no fondo da Audiencia Provincial.