Juan Rilo Rodríguez naceu en Cambre o 22 de xullo de 1904. Foi Secretario Municipal de San Sadurniño durante a 2ª República. Juan Rilo apoiou ás organizacións republicanas de signo moderado, primeiro na ORGA (Organización Republicana Galega Autonoma) e posteriormente milita no partido de centro dereita de Leandro Pita Romero. Tras o golpe militar, Juan Rilo continuou traballando como funcionario municipal. En 1937 foi arrestado e o 15 de marzo celébrase un consello de guerra no que foi sentenciado a cadea perpetua ingresando na prisión de Celanova. Posteriormente a condena foi substituída por outra de tres anos e catro meses de reclusión menor e foi posto en liberdade condicionada en 1941. Juan Rilo reincorporouse como funcionario municipal. En 1955 foi Secretario do Concello de Vilaboa. En 1970 mudouse a Pontecaldelas.