Ramón Suárez Picallo (Sada, 1894 - Buenos Aires, Arxentina, 14 de decembro de 1964) foi un político republicano español, impulsor do Proxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. Exiliouse en Arxentina tras a guerra civil.
De neno foi labrador e mariñeiro. Foi o maior de once irmáns. Sen estudos, emigrou á República Arxentina con 14 anos, onde se desempeñou como auxiliar de farmacia, mecanógrafo, vendedor de pasteis. Mantívose en contacto coa intelectualidade galega en Buenos Aires. Desenvolveu grupos sindicais e foi director da revista A Nosa Terra e de diversas publicacións. Estableceu contacto con Eduardo Blanco Amor. Realizou mitin en contra da Ditadura de Miguel Primo de Rivera.
En 1931 participou da fundación do Partido Galeguista e converteuse en referente do partido xunto a Castelao. Con case 40 anos, Ramón curso o bacharelato e despois a carreira de avogado en Santiago de Compostela, licenciándose en 1935. Foi elixido deputado pola Coruña no ano 1936 polo Partido Galeguista. Participou en máis de 170 mitins durante a campaña do Proxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936, formou parte da comisión que levou o Estatuto a Madrid. Na capital é sorprendido polo golpe de estado, refúxiase en Nova York, posteriormente na República Dominicana, Chile e por último volve á Arxentina.
Na Arxentina tivo o cargo da cátedra de cultura galega do Centro Lucense de Buenos Aires (hoxe Centro Galicia). Participou en Montevideo no Consello de Galicia, xunto con Castelao, Elpidio Villaverde e Antonio Alonso Ríos. Faleceu no sanatorio do Centro Galego de Buenos Aires o 14 de decembro de 1964.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Sada Lugar de fallecimiento: Bos Aires (Arxentina) España, Arxentina, República Dominicana, Chile