Naceu en 1839. Casou con Eugenia Gasset Artime e en varias ocasións foron veciños de Madrid, onde Gerardo exerceu diversos cargos como empregado da Corte ou no Ministerio de Graza e Xustiza. Tamén foi gobernador civil de Ourense.
Historia archivística
Antes de ingresar no Arquivo do Reino de Galicia, este fondo estivo depositado no pazo de Brandeso (municipio de Arzúa) e logo en Torre Xunqueiras. Organizábase como amosan os catálogos, instalado en mazos e con numeración dentro de cada un. É posible que se organizase entre os séculos XVIII e XIX, aínda que nos consta que, para a casa de Remesil, un dos seus membros, Gabriel de Novoa Villamarín, que viviu no século XVII, empregou parte do seu tempo na descrición e posible organización do arquivo, xa que algunhas portadas dos documentos desta casa están escritas pola súa man.
Despois esta organización desaparece e en ocasións a documentación mestúrase en grandes agrupacións.
No seu tempo tamén debeu de existir unha peza habilitada para acoller a documentación; pero antes do seu traslado a Torre Xunqueiras, atopábase en diferentes habitáculos e polo xeral, en deficiente estado de conservación, xa que entre outros problemas, dado o abandono do pazo nos últimos tempos, sufriu asolagamentos.
Alcance y contenido
Conservamos documentación de carácter persoal e do exercicio de diversas actividades, públicas ou privadas: accionista do Banco Emisor de Santiago de Compostela, membro da Sociedade para a construción do ferrocarril de Calatayud a Teruel e procurador de número da Audiencia Territorial da Coruña, cun abano cronolóxico que vai de mediados do século XIX a 1889, amais dun expediente de nomeamento de comendador de número da Real Orde Americana de Isabel a Católica, título honorífico que lle foi concedido polo Ministerio de Estado.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Determinadas series están afectadas por limitacións no acceso, de acordo coas condicións xerais da lei.
Normativa:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal xestionada pola Xunta de Galicia. Ao seren depositados no Arquivo do Reino de Galicia, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia; e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. Así, pasan a gozar do réxime de protección que as devanditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A normativa de aplicación é a que segue:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Derechos de autor
Situación de derechos de autor:
Os deseños que forman parte do fondo son obxecto de propiedade intelectual por parte dos seus autores cando se teña constancia deste dato (art. 1, 4, 14 do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, de aprobación do texto refundido de propiedade intelectual)
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Características físicas
Descripción del estado de conservación:
Basicamente, documentación textual manuscrita en papel e, en menor medida, en pergameo.
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Arquivo do Reino de Galicia
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Existe documentación complementaria no fondo da Real Audiencia do Arquivo do Reino de Galicia. Tamén dentro deste mesmo Arquivo pódese consultar, para cando entra a familia Gasset nesta liñaxe, o fondo familiar de Torre Xunqueiras. Finalmente, outros arquivos, fundamentalmente familiares, cos que estivesen relacionados.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia