A fotografía aérea inicia a súa andaina a principios do século XX, con fins fundamentalmente militares: detección de obxectivos, movemento de tropas, etc.
Non é ata finais dos anos 50 cando se constitúen unhas poucas empresas privadas, nas que a súa razón social é a fotografía aérea para fins comerciais. Unhas dedícanse ao campo da fotogrametría ou fotografía vertical, utilizada para a confección dos primeiros catastros e a elaboración de mapas dos distintos territorios. Outras, como FOAT, basearon a súa actividade na fotografía oblicua máis próxima con perspectiva e
con fins publicitarios.
Naqueles inicios as fotografías realizábanse en branco e negro con cámaras KODAK americanas de gran formato (13x13 cm.) e obturador de cortinilla. Estas cámaras utilizaban película en rolos de 15m., que se procesaban nos laboratorios da empresa e posteriormente clasificábanse e referenciábanse para a súa posterior comercialización.
A comezos dos anos 60 empezáronse a realizar as fotografías en cor e as empresas de fotografía conseguiron alcanzar cotas importantes de mercado. A súa clientela fundamental era a empresa privada, pero tamén as institucións públicas: Concellos, Deputacións, Goberno.
Ao longo de 50 anos de actividade, conseguiron un dos arquivos fotográficos de maior contido no estado.
Historia archivística
O conxunto de imaxes é unha parte do arquivo fotográfico completo da antiga empresa.
Esta parte do arquivo fotográfico componse de 1.134 negativos orixinais, de formatos 6 x 7, 9 x 12 e 10 x 12,5 cm., distribuídos do seguinte xeito:
- Provincia da Coruña : 397 negativos
- Provincia de Lugo : 142 negativos
- Provincia de Ourense : 132 negativos
- Provincia de Pontevedra: 463 negativos
Alcance y contenido
Vista aérea da desembocadura do río Miño coa marxe da Guarda e, en primeiro, plano o illote coa fortaleza da Insua pertencente a Caminha (Portugal).
Clase de documento:
Iconográfico
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
O acceso aos arquivos e rexistros administrativos é un dereito contemplado pola Constitución Española de 1978 (artigo 105, b). Este dereito, que ten as restricións establecidas na Constitución e nas leis, está regulado con carácter xeral pola Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, do 1 de outubro -no que afecta á documentación administrativa- e pola Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español -no que afecta á documentación histórica. Estas restricións froito dunha busca do equilibrio con outros dereitos protexidos na constitución como os que afectan á seguridade, honor, intimidade da vida privada ou familiar ou imaxe das persoas, os segredos oficiais, ou a propiedade intelectual están reguladas por outras normas legais específicas. O exercicio do dereito de acceso comprende a consulta dos documentos e da información neles contida e a obtención de copias e certificados. Poderán facerse as solicitudes directamente na sala de lectura ou por medio de correo electrónico, correo postal, fax, teléfono ou internet. Por razóns de conservación poderá restrinxirse a consulta de documentos orixinais
Normativa:
Aínda que se trata de documentos de carácter privado, ao estar depositada nun Arquivo de titularidade pública, adquiren a condición de Bens de Interese Cultural (art. 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia e 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español), pasando a gozar así do réxime de protección establecido nesas normas.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución de documentos está suxeita á Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e polo Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.